ALCALDÍA
A Ordenanza de Convivencia e Limpeza modificarase para prohibir a venda de alcohol durante a noite
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou publicamente as conclusións dos catro grupos de traballo do Foro polo Civismo: movida nocturna e convivencia, prácticas ambientais saudables, educación cívica e hábitos de consumo. Na liña das conclusións, anunciou que o Concello vai modificar a Ordenanza de Convivencia e Limpeza, a fin de poder prohibir a venda exterior de alcohol e a venda ambulante polas noites.
ALCALDÍA
O Concello cede á FEGAMP unha parcela de máis de 2.000 metros cadrados para a súa nova sede
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, asinaron a cesión da parcela, dunha superficie de 2.163 metros cadrados, na que se ubicará a nova sede da Federación Galega de Municipios e Provincias.
DEPORTES
Atletismo campo a través no parque Eugenio Granell
A Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación de Santiago organiza en colaboración coa Concellería de Deportes o I Trofeo escolar de atletismo campo a través "Cidade de Santiago". Celebrarase en dúas xornadas, o 15 e o 29 de novembro no parque Eugenio Granell (Restollal).
CULTURA
Cineuropa estrea o documental "Manuel e Elisa (O Trinta)", de Manuel Fernández-Valdés
Presentouse ante os medios de comunicación o documental Manuel e Elisa, ópera prima do cineasta pontevedrés Manuel Fernández-Valdés. A peza estrearase oficialmente no festival Cineuropa 2008, que organiza a Concellaría de Cultura.
CIDADE HISTÓRICA
Olga Pedreira coñece os detalles do Proxecto Barcelona Wi-Fi
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, está participando no congreso Wireless and Digital Cities, o terceiro congreso anual europeo que se celebra en Barcelona baixo o epígrafe Connecting Communities e no que profesionais e expertos de toda Europa están dando a coñecer as súas experiencias no desenvolvemento de redes sen fíos.
CONSORCIO
A edición de outono do Compostela Organum Festival volve a Santiago cuns concertos innovadores
O ciclo de música Compostela Organum Festival inicia a súa programación de outono cun concerto a cargo do organista da catedral de Notre-Dame d’Auteuil de París, Frédéric Blanc, o sábado 15 de novembro ás 20:30 horas na Igrexa da Universidade.