EDUCACIÓN
A oitava edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio" levará a alumnos composteláns a Córdoba e Ávila
Xa está en marcha a oitava edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio", que neste curso 2008-2009 ten a Ávila como municipio organizador. Os rapaces de secundaria dos centros composteláns realizarán o seu traballo sobre a cidade de Córdoba.
SERVIZOS
Abu Dabi interésase polo modelo de contedores do lixo soterrados de Santiago
Representantes da cidade de Abu Dabi visitaron Santiago de Compostela para coñecer o seu modelo de xestión da recollida do lixo. En particular, interesáronse polo sistema de contedores soterrados.
EMPREGO
Promoción Económica participa nun proxecto europeo para acreditar profesionalmente aos coidadores familiares
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou o proxecto europeo Axudantes Familiares, que ten como obxectivo establecer un protocolo común a nivel comunitario para acreditar profesionalmente ao coidador familiar e favorecer así a súa inserción laboral.
UMAD
O alcalde inaugura as primeiras xornadas municipais sobre prevención de drogodependencias
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará o venres 10 no Palacio de Congresos, ás 18:00 horas, as primeiras xornadas municipais sobre prevención de drogodependencias, que van ter lugar os días 10 e 11 de outubro e que organiza a UMAD, entidade dependente da Concellaría de Benestar Social e Muller do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O Centro Mundial do Patrimonio da UNESCO enviará unha misión técnica para estudar o teleférico
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e o xerente do Consorcio, José Manuel Villanueva, reuníronse na sede da UNESCO en París, co director do Centro Mundial do Patrimonio, Francesco Bandarin e coas responsables dos Centros do Patrimonio para Europa e América do Norte, Kirsten Manz, e para América do Sur, Nuria Sanz.