ALCALDÍA
Sánchez Bugallo afirma que os orzamentos autonómicos supoñen "unha aposta importante pola cidade"
"Todos os compromisos coa cidade están contemplados cunha partida económica razoable e suficiente", afirmou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito dos orzamentos da Comunidade Autónoma. Neste sentido, indicou que "a inversión per capita en Santiago é moi superior á media do resto das cidades galegas".
UMAD
Máis de 2.300 escolares composteláns participarán nunha nova edición de Cinensino
O programa de prevención de drogodependencias Cinensino celebra a súa XIV edición, na que participarán 2.333 alumnos de Primaria e Secundaria dos centros composteláns. Esta iniciativa pretende, tomando como base a proxección de tres filmes, traballar en diferentes temas relacionados coa prevención do consumo de drogas.
CONSORCIO
"La marquesa de Camba": a recuperación dunha novela histórica
O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou a edición de ]La marquesa de Camba, de Antonio Neira de Mosquera, publicada polo departamento de publicacións do Consorcio de Santiago en colaboración coa editorial Albarellos. Esta obra parte dun feito histórico: o asesinato, en xuño de 1366, ás portas da Catedral de Santiago, do arcebispo don Suero Gómez de Toledo mailo seu deán Pedro Álvarez. Un suceso que conmocionou á sociedade da época.
BENESTAR SOCIAL
O Concello colabora coa Fundación Secretariado Xitano na posta en marcha dun programa de inserción laboral
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 19.700 euros para o desenvolvemento das actividades enmarcadas dentro do programa Acceder, dirixido á poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Constituídos os subgrupos de traballo do proxecto WEED
O Grupo de Apoio Local do Proxecto europeo WEED (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local), desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, un encontro no Auditorio de Galicia no que se constituíron tres subgrupos de traballo, estableceuse un calendario de reunións e deuse conta do desenvolvemento da solicitude do proxecto.