TURISMO
Os catro principais espectáculos do Multiusos de Sar en 2007 xeraron un gasto global de case 800.000 euros
A asistencia aos catro principais espectáculos musicais celebrados no Multiusos Fontes do Sar en 2007 tivo un impacto económico, en forma de gasto global, de 796.694 euros. Esta cifra alcanzaría mesmo 1.669.237,6 euros incluíndo o gasto en entradas, segundo reflicte o informe realizado polo Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR).
CULTURA
Moving Hearts abre un novo ciclo de seis concertos de Sons da Diversidade
"Artistas con xeografía propia que apostan pola hibridación de estilos". Así define o xerente do Auditorio, Pablo Rodríguez, aos integrantes do cartel de concertos do primeiro semestre de Sons da Diversidade. O ciclo xa trouxo a 49 artistas nas súas catro edicións anteriores. A súa quinta edición ábrena os irlandeses Moving Hearts o sábado 19 de xaneiro.
UMAD
O Colexio de Avogados premia á UMAD polo seu labor en prol da reinserción social dos drogodependentes
A Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente, organismo que pertence á Concellaría de Benestar Social e Muller, será galardoada mañá coa medalla de ouro do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. Esta institución considera que a UMAD se fai merecedora do premio polo traballo que vén realizando dende a súa creación, en 1.986, no campo da rehabilitación e atención a persoas con problemas derivados do uso, o abuso e a dependencia das drogas.
TURISMO
Comeza o ano coa preparación do mellor marisco en "Santiago de Compostela. Repetirás"
Galicia é coñecida en todo o mundo polo marisco das súas rías. Por iso este é o produto elixido como eixo do mes de xaneiro do programa gastronómico Santiago de Compostela. Repetirás.
ALCALDÍA
A SGAE recoñece ao Concello de Santiago como motor dunha "rica e diversa" programación cultural
O Concello de Santiago foi un dos protagonistas da V Noite dos Autores, organizada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e celebrada no Hostal dos Reis Católicos. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolleu o Premio ao Empresario Público, polo labor municipal en prol dunha "programación rica e diversa, que fixo de Compostela un referente cultural internacional".
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Granell recibiu a visita do ministro de Cultura
O ministro de Cultura, César Antonio Molina, achegouse na tarde do xoves 17 ao Pazo de Bendaña para visitar as instalacións da Fundación Granell.