EDUCACIÓN
O Concello e Kalandraka convocan un premio internacional de álbum ilustrado pioneiro en Galicia
No marco da IX Campaña de Animación á Lectura, que cada ano organiza a Concellería de Educación, convocarase o I Premio Internacional "Compostela" para álbums ilustrados, en colaboración coa editorial Kalandraka. A iniciativa está dirixida a aoutres e ilustradores do ámbito internacional.
ALCALDÍA
O Goberno local propón novamente o indulto para os veciños do Eixo
A Xunta de Goberno local aprobou unha nova proposta de indulto para os veciños do Eixo condenados a sete anos de prisión. Esta proposta, formulada polos grupos municipais socialista e nacionalista, incide nos feitos obxectivos que fan a Jesús Montoiro Cepeda, José Moreira Fernández e Simón Márquez Valle merecedores desa graza.
INFRAESTRUTURAS
Adxudicadas as obras de reforzo do firme no Vilar
A Xunta de Goberno local adxudicou as obras de reforzo do firme na vía pública M-8-IV, no Vilar, incluídas no Plan de Cooperación Provincial 2007 da Deputación da Coruña.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O taller de moda Belén Mosquera, a primeira empresa xurdida do Equal Compostela Social, celebra o seu desfile-presentación
A deseñadora Belén Mosquera, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentaron o desfile-presentación do Atelier de Moda Belén Mosquera, a primeira empresa xurdida a través do Proxecto Equal Compostela Social. No evento, que terá lugar o 26 de outubro ás nove da noite no Café-Casino, ubicado na rúa do Vilar, 35, participarán quince modelos, entre elas a compostelá Paola Ditano.
CIDADE HISTÓRICA E FESTAS
O Goberno municipal puntualiza o escrito de Compostela Monumental
Diante do comunicado emitido pola asociación Compostela Monumental, o Goberno municipal quere aclarar algúns dos aspectos significativos nos que a devandita nota falta á verdade como ven sendo habitual por parte dos dirixentes da mesma.