ALCALDÍA
O alcalde expresa a súa "satisfacción razoable" cos orzamentos estatais e galegos para Santiago
Coñecidas as partidas orzamentarias do Estado e da Comunidade Autónoma para Santiago, o alcalde manifestou a súa "satisfacción razoable" cos mesmos. Un único tema que segue a ter descontento a Sánchez Bugallo é a autovía a Lugo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta por "buscar o acordo máis amplo posible" coa Xunta en relación ao PXOM
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse con membros da Asociación de Promotores de Santiago, aos que informou do estado en que queda o Plan Xeral de Ordenación Municipal tras a súa aprobación parcial pola Xunta. Nun prazo aproximado dun mes haberá outra reunión para informarlles de todos os cambios que lles afectan.
CULTURA
Compostela reunirá durante dous días a máis de 170 radioafeccionados
Os días 27 e 28 de outubro celébrase en Santiago de Compostela o VI Congreso Nacional de Radioafeccionados organizado pola Asociación de Radioafeccionados Pórtico da Gloria en colaboración ca Concellaría de Cultura, coa Liga Española de Asociacións de Radioafeccionados e CB, coa Federación Catalán de CB. Neste congreso, que presentaron o director de Comunicación da Asociación, Fernando Rodríguez de la Torre, e o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, participarán asociacións de...
TURISMO
Uns trinta turoperadores brasileiros visitan o stand compostelán en Río de Janeiro
O stand de Turismo de Santiago na feira profesional "Exposiçao e Congresso Brasileiro de Agências de Viagens" (ABAV) de Rio de Janeiro (Brasil), a máis grande de América do Sur, recibiu a visita de preto de trina dos máis relevantes operadores brasileiros de viaxes cara a España.
TURISMO
Axentes de viaxe italianos visitan Santiago
Turismo de Santiago e a Cámara de Comercio organizan a viaxe de familiarización na que participan nove axentes de viaxe italianos, que promoverán a capital galega nos seus catálogos do 2008.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte e os empresarios do Tambre unen deporte e solidariedade
O alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (AEPIT), Jesús Chenel Noya, asinaron un convenio de colaboración, polo que traballarán conxuntamente dentro do ámbito social e deportivo.
CONSORCIO
Todo listo para o fallo do "Premio Compostela de Cooperación Urbana"
Xerardo Estévez preside o xurado da primeira edición do Premio Compostela de Cooperación Urbana, que se fallará o luns 29. O premio convócano o Consorcio de Santiago, a Axencia Española de Cooperación Internacional do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
CULTURA
Buratini achega o medio ambiente aos máis pequenos
No marco do programa de teatro didáctico da Concellaría de Cultura, a compañía Teatro Buratini presenta a súa obra "Mensaxe nunha botella de plástico", coa que pretende animar aos máis novos a acudir ao teatro e tamén a coidar o seu entorno. Os centros educativos poderán achegarse ao Teatro Principal compostelán os vindeiros días 29, 30 e 31 de outubro.
ALCALDÍA
Recoñecemento aos galegos do ano
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu unha edición máis á entrega dos premios "Galegos do ano", promovidos polo grupo El Correo Gallego. No acto, ao que tamén asistiu, entre outros, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recoñeceuse a persoas e institucións galegas que destacan polo seu labor e traxectoria.