FESTAS
As Festas do Apóstolo péchanse cunha alta participación de todo tipo de público
Tras dezaoito intensos días de actividades pecháronse as Festas do Apóstolo. Con este motivo, o concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, fai balance destes días nos que reinou "o civismo de toda a xente que sabe divertirse sen necesidade de causar destrozos e danos, e a gran participación en todas as actividades programadas".
CULTURA
O Festiclown organiza unha gala de solidariedade con Palestina
O Teatro Principal acolle unha Gala de Solidariedade con Palestina o mércores 2 ás 22:00 horas. A recadación deste evento estará destinada a proxectos de carácter terapéutico nos territorios ocupados.
CONSUMO
A OMIC de Santiago atendeu 977 consultas e 163 reclamacións no que vai de ano
A telefonía segue a ser a materia sobre a que máis queixas de usuarios se presentan na Oficina Municipal de Información ao Consumidor, con 129 consultas e 67 reclamacións ata o 31 de xullo, a maioría motivadas por facturación incorrecta ou por non solicitude de portabilidade. En total, esta oficina recibiu 977 consultas e 163 denuncias neste período.