URBANISMO
O novo PXOM aprobarase o luns
O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) será aprobado na sesión plenaria extraordinaria convocada para o luns 31 de xullo ás 12 da mañá. Ratificarase así o acordo global sobre o texto ao que chegaron os dous grupos municipais do Goberno, PSOE e BNG, tras meses de traballo e de estudo das alegacións. Así, á espera do dictame final da Xunta de Galicia, o texto podería quedar aprobado definitivamente en Nadal ou xaneiro.
FESTAS
Compostela afirma os seus lazos con Padrón
Compostela celebrou un ano máis o Día de Padrón. A cidade rendeu homenaxe á vila que foi primeira parada dos restos do Apóstolo á súa chegada a Galicia, segundo conta a tradición. Varios actos serviron para celebrar esta particular unión entre os dous municipios no marco das Festas.
ALCALDÍA
Os terreos de Bando para a construción dunha área deportiva serán propiedade do Concello en outono
O secretario de Estado de Defensa, Francisco Pardo Piqueras, mantivo unha xuntanza co alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, na que falaron sobre o futuro dos terreos militares de Bando.
FESTAS
Gran participación dos composteláns nas Festas do Apóstolo
Cumpridas as dúas semanas de Festas do Apóstolo 2006, Xosé Baqueiro, concelleiro de Festas de Santiago, fai un balance destes días onde o resultado supera as expectativas iniciais. Segundo sinala Baqueiro, "a participación deste ano é moi superior á do ano anterior, comezando polo pregón, onde se congregaron 16.000 persoas no Obradoiro".
FESTAS
La Oreja de Van Gogh regresa a Santiago para presentar o seu último traballo, "Guapa"
La Oreja de Van Gogh presenta en Santiago, o venres 28 de xullo, o seu último disco, "Guapa", co que conmemora o seu décimo aniversario no mundo musical. Segundo sinalan os compoñentes do grupo, "Guapa é a historia de quen non se da por vencido en na marabillosa viaxe de atoparse a un mesmo".
CONSORCIO
Máis de 15.000 persoas xa visitaron a exposición "Intramuros"
Dende a súa inauguración o pasado 14 de xullo, unhas 15.000 persoas achegáronse ata Intramuros, unha mostra que recrea a vida relixiosa e a arte nos conventos de clausura de Santiago de Compostela. O Consorcio e o Concello de Santiago abriron no emblemático edificio do Banco de España esta mostra singular e única para conmemorar o 15 aniversario da fundación do Real Patronato de Santiago