EDUCACIÓN
Entréganse os premios da X edición do concurso literario "Ánxel Casal"
A Casa do Concello acolleu o acto de entrega de premios do Concurso Literario "Ánxel Casal", nun acto presidido polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos.
CULTURA
O concello pedirá dedicar o Día das Letras do 2006 a Ánxel Casal
O pleno ordinario do xoves 27 aprobou a proposta de petición á Real Academia Galega para que o Día das Letras Galegas do 2006 se dedique a Ánxel Casal, alcalde republicano de Compostela asasinado durante a Guerra Civil.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Sae ao prelo unha guía de entidades de servizo á cidadanía das Fontiñas
O día 1 de xuño ás 20.30 horas, o Centro Sociocultural de Fontiñas acollerá a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".
CULTURA
Arnaldo Antunes actuará o domingo 29 no Auditorio de Galicia
O compositor brasileiro Arnaldo Antunes, ben coñecido en España polo seu disco Tribalistas, feito xunto a Marisa
Monte e Carlinhos Brown, actuará o domingo 29 de maio ás 21.00 horas no marco do ciclo [¡]Sons da diversidade¡>
ALCALDÍA
Representantes da asociación de alzheimer Agadea visitan a Casa do Concello
Representantes da Asociación Galega de Alzheimer departiron co alcalde os seus obxectivos, as actividades que realizan e as súas carencias ante a gran demanda que reciben.
TURISMO
A film commission compostelá promociona á cidade en Londres
A Santiago de Compostela Film Commission estará presente entre o 1 e o 3 de xuño no ‘Broadcast Production Show’ de Londres, o máis importante evento da industria audiovisual do Reino Unido.