EDUCACIÓN
Xornada técnica sobre a utilización dos medios básicos de extinción de incendios
No marco do programa Seguridade viaria e na autoprotección "¿Onde está o perigo?", o departamento de Educacion e Mocidade organiza unha xornada técnica para os conserxes dos centros de educación infantil e primaria de Santiago.
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Granell celebra dúas xornadas de portas abertas ao público
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o pasado 19 de maio, a Fundación granell celebra dúas xornadas de portas abertas ao público que queira coñecer por dentro esta institución. As visitas guiadas terán lugar ás 12 horas da mañá e ás 17 e 18 horas da tarde.
MEDIO AMBIENTE
Inaugúrase a nova planta de transferencia de Sogama
As autoridades presentes no acto de inauguración puideron ver unha pequena demostración práctica do funcionamento das instalacións, que ocupan unha superficie de 8.000 metros cadrados e que supuxeron un investimento de máis de 1,3 millóns de euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A música centrará as actividades da IV Semana Cultural do Centro Sociocultural das Fontiñas
As actividades que conforman estas xornadas, do 30 de maio ao 4 de xuño, son un compendio da actividade anual que leva a cabo o Centro Sociocultural das Fontiñas, "buque insignia da rede de centros socioculturais de Santiago", segundo explicou Mercedes Rosón, que fixo fincapé na vinculación desta IV Semana Cultural coas festas do barrio de Fontiñas.
CULTURA
Varios actos conmemorarán o 2005 Ano Ánxel Casal
Exposicións, un congreso, a edición de varios libros e a produción dun documental centran os actos de conmemoración de 2005 Ano Ánxel Casal.