MERCADOS
Os comerciantes da praza visitan os mercados de Barcelona
Un grupo de vintedous comerciantes da Praza de Abastos de Santiago visita durante os días 16 e 17 de maio os distintos mercados de Barcelona ademais das instalacións do Instituto de Mercados da capital catalana. A delegación compostelán está integrada tamén pola Xunta Directiva da Praza de Abastos e polo concelleiro de Mercados, Xosé Manuel Iglesias.
AUDITORIO
Helmuth Rilling dirixe un concerto dedicado a Bach coa Real Filharmonía de Galicia
O xoves 19 de maio ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a batuta do director Helmut Rilling, interpretará as obras de J. S. Bach Suite (Obertura) nº 3 en Re maior BWV 1068; Concerto de Brandenburgo nº 1 en Fa maior BWV 1046; Concerto de Brandenburgo nº 3 en Sol maior BWV 1048; e a Suite (Obertura) nº 4 en Re mayor BWV 1069.
FUNDACIÓN GRANELL
O Pazo de Bendaña acolle a mostra "Derrame cono sur ou a viaxe dos argonautas"
O mércores 18 de maio, o grupo surrealista chileno "Derrame" inagurará a unha exposición, que permanecerá aberta ata o 20 de xuño deste ano.
TURISMO
A Film Comission asiste por vez primeira ao Festival de Cannes
A Santiago de Compostela Film Commission (SCFC) estará presente entre os días 16 e 21 de maio no Festival de Cannes, nunha acción promocional conxunta das seis cidades europeas que integran a Rede de Cidades de Cine (Film Cities).