CULTURA
O Auditorio acolle unha exposicións sobre as experiencias gais e lésbicas na arte peninsular
A mostra "Radicais Libres. Experiencias gais e lésbicas na arte peninsular", inaugurada o martes 10 de maio, contén obras 27 de artistas como Darío Villalba, Pepe Espaliu, Txomin Badiola e Vasco Araújo, entre outros.
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
O Concello edita un manual de lingua kurda
As concellarías de Cultura, Política Lingüística e Educación de Santiago veñen de editar un manual de lingua kurda coa que o Concello de Santiago quere simbolicamente axudar á normalización e legalización deste idioma no Kurdistán turco e que falan máis de 40 millóns de persoas.O territorio do Kurdistán pertence nestes momentos a catro estados diferentes: Turquía, Iraq, Iran e Siria.
CULTURA
María do Cebreiro publica "O barrio das chinesas", dentro da colección "Poeta en Compostela"
O acto literario de presentación será conducido polo poeta Paulo Vázquez e ademais da autora recitarán, entre outros Nerea de Valenzuela, Cristina Villarmea, Roberto Sanmartín, Carlos Caneda, Lupe Gómez, Abe Rábade, Roi Vidal e David Pérez Iglesias.
ALCALDÍA
O xeneral de Brigada da Garda Civil despídese do alcalde
Sánchez Bugallo recibiu esta mañá ao Xeneral de Brigada da Garda Civil, José Luis García Sánchez.
EDUCACIÓN
Escolares de Santiago celebran mañá o Correlingua
A carreira pola lingua chegará o xoves 12 de maio a Compostela e nela participarán centos de nenos e nenas dos colexios da comarca.
TRAPSA
Entregáronse os premios do Primeiro Concurso de Relatos Curtos
A cafetería do Hostal dos Reis Católicos acolleu a entrega dos premios do Primeiro Concurso de Relatos Curtos, nun acto ao que asistiron o concelleiro de Transportes, representantes de Tussa e de Trapsa e os membros do xurado Bieito Iglesias e Dolores Vilavedra.