EDUCACIÓN
Programa de Educación Afectivo Sexual para mozos de Santiago de Compostela
O Departamento de Educación e Mocidade do Concello promove un programa de educación afectivo-sexual dirixido aos mozos de Santiago. O obxectivo da súa posta marcha é o de instaurar os seus contidos no sistema educativo.
ALCALDÍA
Fraga recibe a Sánchez Bugallo
O Estatuto da Capitalidade, a reunión das cidades Premio Europa e a Cidade da Cultura foron algúns dos asuntos abordados polo alcalde compostelán durante a audiencia mantida co Presidente da Xunta, Manuel Fraga, en San Caetano.
EMPREGO
Vintenove persoas atoparon traballo grazas ao Proxecto Persoa
O Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, fixo balance da primeira fase do proxecto Persoa, un programa que impulsa a integración laboral de desempregados a través da súa participación nun proceso integral de inserción en ocupacións encadradas como novos xacementos de emprego.