AUDITORIO DE GALICIA
Seleccionadas as trinta obras do Premio Auditorio de Galicia
As obras que resultaron seleccionadas no Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005 conformarán a próxima exposición da sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, que se inaugurará o mércores 21 de decembro.
TURISMO
Roma, Xerusalén e Santiago aúnan o seu futuro turístico na capital galega
Santiago de Compostela acolle o 13 de decembro a primeira xuntanza dos responsábeis turísticos das tres metas da Cristiandade, na que se dará forma definitiva á alianza denominada ‘Cidades Santas’ para a colaboración en materia de conservación do patrimonio e promoción do turismo relixioso e cultural.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
O prazo de inscripción no concurso de escaparatismo remata o día 13
O gañador do segundo certame de escaparatismo SCQ Shopping recibirá un investimento en promoción publicitaria do seu negocio e un galardón á excelencia comercial.
CIDADE
O Concello achega 27.000 euros para construír o complexo parroquial e a igrexa de San Antonio de Fontiñas
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o párroco da parroquia de San Antonio de Padua, do Polígono de Fontiñas, Ricardo Viqueira Otero, asinaron o luns 12 de decembro, un convenio de apoio á construción do centro parroquial e o desenvolvemento de actividades.
DEPORTES
A corporación municipal felicita ao Lobelle na Casa do Concello
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto a unha representación da corporación municipal, recibiu na Casa do Concello á plantilla, o corpo técnico e a directiva do equipo do Lobelle para darlles a noraboa pola excepcional tempada que está a protagonizar.
UMAD
O Centro sociocultural do Castiñeiriño acolle un taller formativo e informativo para a prevención de drogodependencias
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar social e UMAD e en colaboración co centro sociocultural do Castiñeiriño, puxo en marcha un taller informativo e formativo sobre drogas para adolescentes.