RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Santiago de Compostela irmanarase o xoves 24 con Santiago de los Caballeros
Unha delegación do concello compostelán viaxará o mércores 23 para asistir ao acto de irmanamento con Santiago de los Caballeros (República Dominicana).
SANIDADE
Remata o prazo para inscribirse nos cursos do refuxio de animais de Bando
Mañá mércores, 23 de novembro, remata o prazo de inscrición nos cursos de formación gratuitos que organiza a Concellaría de Sanidade destinados aos propietarios de mascotas que desexen obter coñecementos e consellos para unha axeitada educación das mesmas. Inicialmente ofreceranse dúas sesións, o domingo 27 de novembro e o sábado 17 de decembro, en horario matutino de 10 a 13 horas, e impartiranse nas instalacións do Refuxio de Bando.
CULTURA
Cineuropa acolle a preestrea absoluta para España da última película de Roman Polanski
Ao programa tamén se incorpora o documental Vinicius, que se proxectará o venres 25 e sábado 26, e que narra a vida de Vinicius de Moraes.