EDUCACIÓN
Unha exposición en homenaxe a Toulouse Lautrec achega a súa obra aos estudantes
A colaboración entre a Fundación "La Caixa" e o Concello de Santiago, conxuntamente co Vicerrectorado de Extensión Cultural da Universidade, inicia as actividades deste curso 2005-2006, coa exposición "Deseñadores para un mito. Homenaxe a Toulouse-Lautrec", que estará no Pazo de Fonseca entre o 16 de novembro de 2005 e o 8 de xaneiro de 2006.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Representantes da cidade de Santiago de Querétano na Casa do Concello
O rexedor da cidade mexicana, irmanada con Santiago, visitaron Raxoi para falar co alcalde compostelán.
CULTURA
Unhas xornadas lembrarán a figura de Ánxel Casal
Desde o mércores 16 e ata o venres 18 de novembro a Facultade de Xeografía e Historia acollerá mesas redondas, conferencias e comunicacións sobre Ánxel Casal, editor e galeguista compostelán asasinado polos franquistas cando era alcalde de Santiago.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
O centro infantil do Tambre estará rematado a finais de 2006
A Secretaría Xeral de Igualdade apoiará economicamente proxecto para que estea rematado o próximo ano.
CULTURA
El Concierto Español traerá a súa música barroca ao Auditorio
O xoves 15 de novembro no Auditorio de Galicia, El Concierto Español, baixo a dirección de Emilio Moreno, interpretará música barroca no Auditorio de Galicia. As entradas xa están á venda, e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia poderanse mercar en horario de 12 a 14 e de 17 a 20 horas, ou ben nos teléfonos 981 571 026 e 981 573 979. O prezo é de 12 euros e de 6 para estudantes e xubilados.
CENTROS SOCIOCULTURALES
A alpinista galega Chus Lago, no centro sociocultural das Fontiñas
A alpinista galega Chus Lago, que conta na súa traxectoria coa primeira ascensión dunha muller española ao Everest sen empregar osíxeno artificial, narrará as súas experiencias na montaña nunha charla organizada polo Club Fontiñas que terá lugar o próximo xoves, 24 de novembro, no centro sociocultural das Fontiñas ás 20 horas(rúa Berlín s/n).
TURISMO
Santiago convértese en destino ‘altamente recomendado’ para China
Turismo de Santiago asinou un convenio coa organización China Business Network, dependente do Ministerio de Turismo Chino, que permitirá que a Cidade do Apóstolo sexa incluída na lista de ‘destinos autorizados’ e recomendada directamente a institucións, empresas de viaxes de negocios e turoperadores nese país.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Coa campaña "En cada rostro, igualdade" o Foro da Inmigración achegará o fenómeno migratorio aos estudantes
"En cada rostro, igualdade" é o lema da campaña que levará a cabo o Foro da Inmigración, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, para que os mozos e mozas da cidade se acheguen ao fenómeno da inmigración.
TURISMO
Turismo de Santiago ingresará na Organización Mundial do Turismo
A décimo sexta Asemblea Xeral da OMT, que se celebrará en Dakar (Senegal) entre o 25 de novembro e o 2 de decembro, servirá de marco da aprobación do ingreso de Turismo de Santiago como membro afiliado da institución.