ALCALDÍA
O Concello de Santiago e FEBE concienciarán aos composteláns no consumo responsable de alcohol
O Concello e a Federación Española de Bebidas Espirituosas asinaron un convenio de colaboración para evitar o consumo de alcohol entre os colectivos de risco.
TURISMO
Comezan os voos directos a Roma e Frankfurt
A liña británica de baixos custes Ryanair enlazará ao aeroporto de Lavacolla con Roma desde o domingo 30 de outubro e con Frankfurt desde o 1 de novembro, data na que tamén comeza a operar o voo diario de Air Berlín vía Palma de mallorca a catorce cidades alemás, suízas e austríacas.
CULTURA
Convócase a XI edición do "Premio de Investigación Antonio Fraguas" sobre o Traxe Tradicional Galego
A Asociación do Traxe Galego, entidade cultural sen ánimo de lucro que desde 1995 vén traballando desde distintas vertentes sobre o obxectivo xeral da promoción, dignificación, uso e disfrute do traxe tradicional galego, organiza este certame.
ALCALDÍA
Autoridades uruguaias visitan a Casa do Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o venres 30 ao intendente do Departamento de Río Negro, Omar Lefluf Hebeich, e ao Intendente do Departamento de Paysandú, Julio Miguel Pintos Ruíz, entre outras autoridades uruguaias.
CULTURA
Cineuropa arrinca coa primicia de "Viva Zapatero", alegato contra a mordaza de Berlusconi en Italia
Este ano Cineuropa regresa ás pantallas da Sala Yago e do Salón Teatro e por primeira vez incorpora como sala de exhibición a Fundación Caixa Galicia.