CULTURA
A xente do teatro e da cidade homenaxean a Vidal Bolaño coa representación de "Doentes" polas rúas
Carlos Blanco será o narrador que leve o fío desta historia, cun elenco de máis de vinte actores e actrices de Compostela e maila colaboración de diversas entidades, asociacións e bares da zona vella. Será o mércores 26 de outubro ás 21.30 horas. Os "doentes" partirán ás 21.30 horas do Hostal dos Reis Católicos.
EDUCACIÓN
O Concello apoia o Bacharelato Internacional do IES "Rosalía de Castro"
O alcalde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo e o director do Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda Soto, asinaron o venres 21 de outubro o convenio de colaboración para o desenvolvemento do Bacharelato Internacional.
CULTURA
Xogos tradicionais no Obradoiro para promocionar a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués á Unesco
Con esta iniciativa, patrocinada pola Concellería de Cultura, preténdese dar a coñecer a candidatura da "Tradición oral galaico-portuguesa: simboloxía e apropiación do medio natural" a Patrimonio oral e inmaterial da humanidade, que foi presentada á UNESCO en outubro e da que se tomará decisión o 25 de novembro.
CIDADE
Continúan os IV Encontros Internacionais de Arquitectura cunha xornada arredor da memoria e o patrimonio
Tras a inauguración dos Encontros, á que asistiron a Ministra de Vivenda de Vivenda, María Antonia Trujillo, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entre outras autoridades, continúan as ponencias dos invitados aos Encontros, desde as 10.30 ás 18.30 horas. Abrirá a xornada central do congreso Paulo Mendes da Rocha e pecharaa Wiel Arets.