CULTURA

Xoel López pecha a temporada do ciclo Íntimo & Acústico no Teatro Principal

13/06/2013

Xoel López presenta o seu novo disco Atlántico nun concerto no Teatro Principal. Será o venres 21 de xuño, ás 21:00 horas, pechando a temporada do ciclo Íntimo & Acústico. Abrirá a velada David Quinzán, músico habitual de Xoel López e Álex Ferreira. As entradas está á venda a 12 euros e 10 euros na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es e no teléfono 902 434 443.

Ler máis

ALCALDÍA

O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, visitará o Concello

12/06/2013

O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, chegará a Santiago de Compostela o vindeiro sábado, 15 de xullo. Realizará unha visita oficial á sede do Concello de Santiago en resposta á asistencia hoxe do alcalde, Ángel Currás, á recepción ofrecida polos Príncipes de Asturias á Súa Alteza Imperial en Madrid.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Asociación de Veciños de Guadalupe pechou o calendario de actividades do curso cun acto no CSC de Vite

12/06/2013

A Asociación de Veciños "A Ponderosa", do barrio de Guadalupe, celebrou o peche das súas actividades deste curso no Centro Sociocultural José Saramago de Vite. Atendendo o convite da súa directiva, o concelleiro de Centros Socioculturais participou no acto. Francisco Noya agradeceu aos usuarios a participación nas actividades e felicitando á presidenta da Asociación, Isolina Barreiro, polo seu traballo.

Ler máis
Compartir: