CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia acompaña esta semana ao coro de nenos da Catedral, que porá voz a obras de Nadal tan populares coma "O Crebanoces", de Chaikovski

07/12/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia. O primeiro será este xoves, 10 de novembro, ás 21:00 horas. O venres, ás 18:30 horas, parte do concerto repetirase para o público máis novo e para as familias, no marco do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. Neste caso, as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos....

Ler máis

PLENO

O Pleno autoriza a dotación de novos vehículos para a Policía Local

07/12/2015

O Pleno da corporación municipal autorizou este luns por unanimidade a dotación de nove novos vehículos para a Policía Local, a través do sistema de renting. A proposta da Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia tivo que ser sometida ao ditame da Corporación municipal porque o regulamento así o sinala cando un pagamento se vai facer en máis de catro anualidades.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O alcalde recolle no Culturgal o Premio do Público ao festival Curtocircuíto

06/12/2015

O alcalde compostelán foi o encargado de recoller esta tarde, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o Premio do Público Culturgal 2015, que recaeu no festival Curtocircuíto. Martiño Noriega agradeceu o recoñecemento para o festival, "que nas súas doce edicións soubo medrar e consolidarse sen perder a súa vontade de darlle ao cinema en formato curto a importancia cultural que ten". O rexedor tamén gabou o traballo que fixeron o primeiro director de Curtocircuíto, Tim Redford, e o actual, Pela del Álamo.

Ler máis

CAMIÑO DE SANTIAGO

A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño visita o Concello

05/12/2015

A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago foi recibida esta mañá no Pazo de Raxoi, nun acto que estivo presidido polo segundo tenente de alcalde e concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte. A directiva e outros membros da entidade están de visita en Compostela para facer entrega, no Hostal dos Reis Católicos, dos II Premios Trifinium, que a FEAACS convoca con carácter trienal.

Ler máis

ALCALDÍA

Os nenos e nenas do CEIP de Vite defenderon nun pleno infantil o seu programa de melloras para o colexio

04/12/2015

Os nenos e nenas de 4ª de Primaria do CEIP de Vite I convertéronse por unhas horas en concelleiros e concelleiras nun pleno infantil monográfico sobre as melloras que precisa este centro escolar. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pasou a saudar os rapaces e a explicarlles o funcionamento habitual do pleno antes de que estes comezaran o seu intenso debate programático.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello duplica a contía das bolsas de comedor escolar para este curso

04/12/2015

A Xunta de Goberno aprobou este venres o expediente de resolución definitiva da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para o curso 2015/2016. A contía das axudas viuse incrementada sensiblemente con respecto a anos anteriores, e desta vez acada un total de 165.727,40 euros. Son 78.000 euros máis que no curso 2014/2015, e 96.000 euros máis que no curso 2013/2014.

Ler máis
Compartir: