FESTAS
Case 200.000 euros para as Festas da Ascensión
A Xunta de Goberno aprobou o orzamento das Festas da Ascensión 2008, que se celebrarán do 30 de abril ao 4 de maio.
COMERCIO
Compostela Outlet conta con 117 comercios preinscritos
Ata 117 establecementos comerciais formalizaron a preinscrición para participar en Compostela Outlet. II Feira do Comercio polo miúdo, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do programa Marzo, mes do comercio. Esta cifra representa un 50% de incremento sobre a primeira feira de saldos celebrada en 2007, na que participaron 78 comercios.
CULTURA
Continua Compostela Máxica logo dunha Gala de Apertura que ateigou o Teatro Principal
Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo continúa enchendo as rúas da cidade de maxia e ilusión. O sábado 12 foi o pistoletazo de saída cunha Gala de Apertura que encheu o Teatro Principal e incluso deixou a moitos sen poder gozar deste primeiro espectáculo de maxia. A idea da organización era celebrar esta Gala na Praza da Quintana, pero tivo que mudar de lugar por culpa da choiva.
ALCALDÍA
A Muíña conta cun novo espazo público con áreas para o lecer e o deporte
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou esta a praza da Muíña, situada en San Lázaro, un espazo de máis de 2.000 metros cadrados pensado para o desfrute de todos os veciños no que o Concello de Santiago investiu 150.835 euros.
ALCALDÍA
Stefano Presi gaña o concurso de ideas da praza de Galicia cunha proposta caracterizada por un amplo e expresivo espazo peonil
O xurado do Concurso de ideas para a remodelación da Praza de Galicia acordou por unanimidade designar como gañador o anteproxecto presentado polo italiano Stefano Presi. Faise así cun premio de 12.000 euros por un traballo cunha "acertada ordenación do conxunto da praza na que destaca o esforzo por dotala de entidade e configurar nela un amplío espacio peonil apoiándose na fachada máis idónea". Ao concurso presentáronse 40 traballos.
ALCALDÍA
Piñor alberga xa o segundo punto limpo da cidade e incorporará un sistema pioneiro de aproveitamento enerxético do biogás
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, inauguraron na xornada o novo punto limpo co que conta a cidade de Santiago. Está ubicado en Piñor, na parroquia de Figueiras, e trátase do segundo equipamento destas características na cidade, trala posta en funcionamento en abril de 2007 do punto limpo situado no polígono do Tambre. Unha vez selado o vertedoiro, incorporará como novidade un sistema para recuperar o biogás e transformalo en electricidade.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Non haberá problemas orzamentarios para rematar o túnel da Galuresa antes do 2010"
O alcalde compostelán apuntou en rolda de prensa que "non haberá problemas orzamentarios para rematar o túnel da Galuresa antes do 2010". Así llo aseguraron a Xosé A. Sánchez dende o Ministerio de Fomento, na semana en que se abriron as plicas para adxudicar a obra.
ALCALDÍA
A liquidación da débeda municipal é para o alcalde "un elemento de confianza para afrontar os vindeiros anos"
O alcalde compostelán valorou o saldo positivo da liquidación do orzamento de 2007, así como a eliminación definitiva da débeda. "É un motivo de satisfacción e un elemento de confianza para afrontar estes dous anos, máis complicados que os anteriores".
CULTURA
Tom Zé achega o seu vangardismo sonoro e compromiso a Compostela da man de Sons da Diversidade
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura, ten o domingo 13 unha nova cita con todos os amantes das músicas do mundo. O tropicalista brasileiro Tom Zé chega a Compostela para facer gozar ao público co seu vangardismo sonoro, a súa poesía e o seu compromiso. Será no Auditorio de Galicia ás 21:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde di que as escolas municipais de Conxo e Fontiñas "garanten unha maior posibilidade de elección aos cidadáns"
O alcalde tamén se pronuncio una rolda sobre un dos temas da semana, as escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Tal como indicara a propia concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, reiterou que as dúas "seguirán sendo escolas infantís municipais".