FACENDA
O Concello efectúa o pago de máis de 800.000 euros de subvencións nominativas e de concorrencia competitiva
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, informou que se vén de pagar ás diferentes entidades sociais, culturais, deportivas, veciñais e empresariais da cidade as cantidades que lle correspondían por subvencións nominativas do exercicio 2012. En total, ingresáronse 820.000 euros, aos que hai que sumar outros 50.000 derivados das subvencións no marco do Pacto polo Emprego.
DEPORTES
Santa Isabel acolle a segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas sub 16 e sub 18
O campo municipal de Santa Isabel acollerá o venres 8 e o sábado 9 a segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas nas categorías sub 16 e sub 18. Galicia disputará o torneo xunto cos combinados de Aragón, Estremadura e Madrid.
CULTURA
The Brew, por primeira vez en Compostela dentro do ciclo Blues Nite
O ciclo Blues Nite presenta en concerto a The Brew, que están por primeira vez en Compostela. Será nun concerto na Zona C o mércores 6, a partir das 21:00 horas. Despois de The Brew estarán no Blues Nite, o 7 de maio, a divertida e desenfadada proposta dos mexicanos Mighty Calacas, fusionada co blues do que probablemente é a gran figura internacional do blues galego, o compostelán Marcos Coll.
ALCALDÍA
Nova xunta directiva na Cociña Económica
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Arcebispado á toma de posesión da nova xunta directiva da Cociña Económica.
CONSORCIO
Unha nova publicación do Consorcio explica as claves do barroco en Compostela
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou a última publicación deste organismo, Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del barroco en Compostela. A presentación incluíu unha breve conferencia a cargo do autor, Simón Vicente.
TURISMO
Balance positivo da presenza de Turismo de Santiago en FITUR
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, para fixo balance da presenza de Santiago de Compostela en FITUR, cualificándoo de "moi positivo". Na feira, explicou, confirmáronse as expectativas en canto ao posicionamento de Santiago como destino cultural, gastronómico e relixioso, e como un destino cada vez máis atraínte para o turismo internacional.
MEDIO RURAL
O Concello aproveitará as obras do rural para facilitar aos veciños a conexión ás redes de saneamento e abastecemento
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, deu conta das obras que a Deputación da Coruña está a realizar na Peregrina. Puxo estas obras como exemplo da coordinación que o seu Departamento quere establecer para que os veciños poidan efectuar a conexión coas redes de saneamento e abastecemento a un menor custo.
CULTURA
A ópera, protagonista tamén da programación cultural de Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á rolda de prensa da Asociación de Amigos da Ópera para presentar a programación do ano 2013, no que se conmemora o bicentenario de Verdi e Wagner, así coma o centenario de Benjamin Britten.
PISTA DE XEO
Ultima fin de semana da pista de xeo, na que xa patinaron 14.000 persoas
O Concello de Santiago non quixo que ninguén quedara se patinar na pista de xeo e por iso repartiu invitacións e organizou tres xornadas de portas abertas, destinadas fundamentalmente a entidades e colectivos que traballan con nenos. O recinto instalado na Alameda pecha esta fin de semana tras recibir 14.000 patinadores e 25.000 persoas en total.
EXPOSICIÓN
A camelia, protagonista un ano mais dunha mostra no Centro Sociocultural da Rocha
A concelleira María Pardo asistiu á inauguración da IV Exposición da Camelia, organizada pola Asociacion Cultural A Rocha Forte no Centro Sociocultural da Rocha. Estará aberta durante a fin de semana.