TURISMO

A Praza do Obradoiro recibe a visita de turoperadores turcos

09/05/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu na Praza do Obradoiro a touroperadores e axentes de viaxes procedentes de Turquia. Unha iniciativa coa que a concellería de Turismo busca incrementar a oferta turística en Santiago.

Ler máis

NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

Comezan as actividades do programa "En galego con todas as letras"

09/05/2014

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Xosé María Díaz Castro, a concellería de Normalización Lingüística ten programadas entre hoxe, dia 9, e o 28 de maio, unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos que poderán participar e gozar en galego.

Ler máis

ECONOMÍA

O Concello e a Cámara de Comercio renovan o acordo para a formación en autoemprego e emprendemento de mozos e mozas da cidade

09/05/2014

O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización dun programa de Dinamización e Fomento do Espírito Emprendedor no Ámbito Educativo. No acto de sinatura participaron o presidente cameral, Jesús Asorey, e a concelleira de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, ademais do secretario xeral da Cámara, Fernando Barros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá o visto bo a investimentos por case dous millóns de euros

08/05/2014

A voceira adxunta, Reyes Leis, deu conta en rolda de prensa dos acordos aprobados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, entre os que destacan a adxudicación da obra do centro cívico do Romaño ou o visto bo á participación do Concello no Plan DTC da Deputación da Coruña, a través do que se financiarán as obras de repavimentación da avenida de Vilagarcía, entre outras.

Ler máis

TURISMO

Catro días de "sushi á galega"

08/05/2014

18 restaurantes de Santiago ofrecen entre o oito e o once de maio propostas únicas que fusionan a gastronomía xaponesa e a galega. Santiago celebra a súa Semana de Xapón con gastronomía, obradoiros, exposicións e concertos para achegar a cultura nipona á cidade

Ler máis
Compartir: