CENTROS SOCIOCULTURAIS
Mozos e mozas teñen unha cita solidaria nas salas de estudo
O Concello de Santiago, a través da súa rede de centros socioculturais, e a Universidade de Santiago colaboran na "IV Olimpiada Solidaria do Estudo", unha innovadora acción de educación e sensibilización, que pretende recaudar fondos para proxectos solidarios. Estas dúas institucións achegarán un euro por cada hora de estudo nas salas habilitadas ao efecto. A iniciativa está promovida pola ONG Coopera-Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Plan de Acción Local polo Emprego marca o camiño para a redución do paro en Santiago
A Concellaría de Promoción Económica vén de asinar o Plan de Acción Local polo Emprego cos principias axentes vinculados ao desenvolvemento do mercado laboral en Compostela. Este Plan é o marco que recolle as políticas de emprego e promoción económica que se desenvolverán no municipio.
TURISMO
"Time out" elixe a Compostela coma un dos mellores destinos urbanos
A máis prestixiosa revista británica dedicada ao tempo libre publicou un especial chamado "European breaks: The top 100 destinations", no que escolle a Santiago de Compostela como unha das mellores "escapadas" curtas dende a capital británica.
UMAD
Os colexios da cidade participan nun curso de habilidades sociais
Un total de 21 centros educativos de Compostela están a participar no Programa de prevención de Drogodependencias "Habilidades sociais" neste curso 2006/2007.
CULTURA
Máis de medio millar de persoas sae ás rúas de Santiago de Cuba para inaugurar o evento "Os Camiños de Santiago"
"Santiago de Compostela e Santiago de Cuba borran as distancias e únense no evento Os Camiños de Santiago. Os nosos irmáns composteláns viñeron con moi boa vontade e boa arte a fundirse con nós na calor do Caribe". Así comezou Leandro Báez, presidente da Asociación Hermanos Saiz, a rolda de prensa na que se presentaba á cidade o intercambio cultural que se está a celebrar estes días en Cuba.
MEDIO AMBIENTE
Os veciños do Ensanche toman conciencia sobre a separación do lixo a través de visitas a SOGAMA
O Concello de Santiago colabora cun novidoso Programa de acción ambiental que vén de por en marcha a Fundación Santiago-Centro. O seu obxectivo é concienciar aos veciños do Ensanche sobre diversos aspectos relacionados coa protección do seu contorno. A primeira etapa deste proxecto centrase na separación dos residuos sólidos urbanos.
CULTURA
Cineuropa reforza o seu compromiso co cine asiático coa proxección da mellor filmografía recente deste continente
O maior festival de cinema independente de Galicia, Cineuropa, reforza este ano o seu compromiso co apoio das producións asiáticas a través da proxección dos mellores filmes recentes deste continente. Será na sección denominada "Mundo Asia".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Empresarios e USC afianzan os seus lazos grazas á Rede de Cooperación Local
A terceira fase do proxecto da Rede de Cooperación Local permitirá aos investigadores da Universidade de Santiago (USC) coñecer polo miúdo o tecido empresarial compostelán. Para iso, a Concellaría de Promoción Económica organizou unha serie de visitas a empresas punteiras da cidade, conferencias e unha rolda de traballo na que se establecerán as conclusións desta cobizosas iniciativa.
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
O Premio Manuel Beiras gratificará unha edición máis os esforzos en prol da normalización do galego
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan unha nova edición do Premio Manuel Beiras. Este galardón outorga un recoñecemento público ao esforzo de normalización do uso do galego no sector empresarial.
CULTURA
A fonte da Praza de Fonseca recibe 10.000 moedas nunha nova intervención de "A cidade interpretada"
Comeza a segunda fase da exposición "A cidade interpretada". Faino coa presentación da obra do artista eslovaco Román Ondák "Lucky day" (Día de sorte). O acto consistiu en arroxar 10.000 moedas na fonte da Praza de Fonseca.