CULTURA
Últimos días para presentarse aos Premios Auditorio de Galicia para novos artistas
O prazo de presentación de dossieres para os Premios Auditorio de Galicia para novos artistas remata este venres 20 de decembro. As bases poden consultarse e descargarse nesta mesma web (documento adxunto) ou no apartado de exposicións da páxina web www.compostelacapitalcultural.org.
COMERCIO
O Tren das Compras percorre as principais rúas comerciais da cidade
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, participou na primeira viaxe do Tren das Compras, que permite percorrer as principais rúas comerciais da cidade, con paradas na praza Roxa e no CGAC.
DEPORTES
III Master de Campións de rally
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiu no Recinto Feiral de Amio ás primeiras mangas do III Master de Campións de rally.
ALCALDÍA
Os veciños de Angrois recibiron o premio Averroes de Ouro Cidade de Córdoba
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á entrega aos veciños de Angrois do premio Averroes de Ouro Cidade de Córdoba 2013 aos valores humanos. Este galardón, entregado nun acto no Teatro Góngora, foi outorgado pola Asociación de Informadores Técnico Sanitarios "Círculo Cultural Averroes".
CULTURA
Saen á venda as entradas para o concerto que Marlango dará en Santiago o 22 de febreiro
Marlango, grupo de referencia na escena independente española, actúa o sábado 22 de febreiro en Santiago de Compostela dentro do ciclo Compostela Rock. O concerto será na Sala Capitol a partir das 21:00 horas. Nel, a banda liderada por Leonor Watling presentará o seu último disco, Un día extraordinario.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Auditorio acolle este sábado unha representación familiar de "O Crebanoces"
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o espectáculo O Crebanoces, que se representará mañá sábado, ás 18:30 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Participou tamén na rolda de prensa a actriz protagonista do espectáculo, Larraitz Urruzola.
COMERCIO
Casetas con fins sociais na Alameda
A concelleira de Comercio, Reyes Leis anunciou esta mañá en rolda de prensa que durante este Nadal se instalarán no paseo central da Alameda, antes da xa estreada pista de xeo, sete casetas nas que difundirán as súas actividades diversas entidades de carácter social, e nas que tamén se recollerán alimentos, roupa e xoguetes.
CULTURA
"Burning Hearts", de James McFay, gaña o premio internacional de Curtocircuíto 2013
Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, entregou os premios da súa décima edición. Repartíronse premios valorados en 12.000 euros nas oito categorías a concurso. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a cerimonia.
DEPORTES
O Concello entregou os Premios Deporte Santiago nunha gala no Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia foi o escenario da I Gala do Deporte de Santiago, que reuniu a mais de 200 persoas e numerosos representantes institucionais, culturais, educativos e empresariais da cidade. Os recoñecementos recaeron nas personalidades, entidades e empresas que realizaron un labor máis destacado para o deporte compostelán este ano 2013: Verónica Boquete (deportista feminina), Borja Golán (deportista masculino), Obradoiro CAB (entidade deportiva), Moncho Fernández (adestrador), Muebles Compostela (patrocinio deportivo), Santiago Futsal...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Buydeal, Pedra Salgada e Manuel Portas recibiron os galardóns Manuel Beiras pola súa promoción do uso social da lingua galega
A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago entregaron os galardóns da décimo cuarta edición do Premio Manuel Beiras ás empresas Buydeal e Pedra Salgada e a Manuel Portas O certame, organizado nesta ocasión pola Cámara, recoñeceu un ano máis o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.