DEPORTES
Aberta a inscrición na campaña de esquí para escolares da Deputación da Coruña
A Concellería de Deportes pon en coñecemento a apertura do prazo de inscrición na Campaña de Esquí 2014 na estación invernal de San Isidro organizada pola Deputación Provincial da Coruña. Poderán participar os nenos/as nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Os participantes gozarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención, ademais dos cursiños de esquí na estación de León. A entrada dos rapaces na estación será o venres pola noite antes da cea e a saída o...
FESTAS
Andrés Calamaro e Los Suaves encabezan o programa das Festas da Ascensión 2014
O cartel das Festas da Ascensión deste ano 2014 conta xa con dúas citas musicais de renome: Andrés Calamaro e Los Suaves, que actuarán en Santiago de Compostela o vindeiro mes de maio. Este avance da programación foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Festas, Francisco Noya, e polo responsable da promotora I-Radia Crea, Carlos Montilla.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Arrancou a Escola de Maxia con dous obradoiros no Castiñeiriño e nas Fontiñas
Continúan esta semana os obradoiros da Escola de Maxia para nenos dos centros socioculturais do Castiñeiriño e das Fontiñas, que se celebran os xoves e os venres, respectivamente, de 18:00 a 19:00 horas. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, achegouse ao CSC das Fontiñas para coñecer un destes obradoiros, que se impartirán ata o mes de xuño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Inaugurada no Local Sociocultural da Rocha a exposición "Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965"
Seis centros socioculturais acollerán dende o 17 de xaneiro ata setembro de 2014 a exposición fotográfica Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965, producida polo Ateneo de Santiago. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiu á apertura da mostra na súa primeira parada, o Local Sociocultural da Rocha, onde estará ata o 29 de xaneiro.
URBANISMO
A bo ritmo as obras da cafetería da Alameda
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron as obras da cafetería acompañados polo arquitecto César Coll. Os traballos continúan a bo ritmo, co obxectivo de que o novo edificio poida estar rematado na primavera.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba unha nova fase do programa Compostela Actúa
A Xunta de Goberno aprobou unha nova fase do programa Compostela Actúa, organizado pola Concellería de Xuventude, que entra na etapa de ensaios unha vez realizados os castings. Na sesión ordinaria tamén se acordou a solicitude de diversas axudas para programas de emprego e de benestar social.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Máis de 150 mozos e mozas de oito concellos participarán na 3ª edición do Club de Debate
O Club de Debate ponse en marcha de novo cunha terceira edición organizada polos concellos de Ames, Carballo, O Carballiño, Ferrol, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo. Nun acto celebrado na Casa do Concello de Ferro, asinouse a Addenda ao protocolo de colaboración para o desenvolvemento deste Club de Debate, un programa de promoción do uso da lingua que organizan os servizos de normalización lingüística dos concellos citados.
EDUCACIÓN
Uns 900 escolares fan uso cada día dos servizos de comedor e de madrugadores
O Concello de Santiago de Compostela xestiona, por segundo ano consecutivo, o servizo de comedores e madrugadores en nove centros educativos da cidade. 653 rapaces e rapazas fan uso do servizo de comedor cada día e outros 199 participan na oferta de madrugadores. A concelleira de Educación, María Castelao, quixo compartir a xornada de mediodía cos nenos e nenas do CEIP Ramón Cabanillas.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de diplomas aos participantes nos programas municipais de inclusión sociolaboral e de intervención socioeducativa
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños) o acto de entrega de diplomas dos programas municipais de Mellora na Calidade da Vivenda, Inclusión Sociolaboral e Intervención Socioeducativa.
CONSORCIO
Conclúe a restauración das reixas de sete fiestras do mosteiro de San Paio
O Consorcio de Santiago promoveu a restauración das reixas de varias fiestras do mosteiro de San Paio de Antealtares. Trátase en concreto de sete ventás da torre sueste, coñecida como a "torre da Borriquita" por estar enriba do popular retablo pétreo. Os traballos, dirixidos polo arquitecto compostelán Iago Seara e adxudicados á empresa DICSA, estiveron coordinados pola Oficina Técnica do Consorcio. No seu desenvolvemento participaron ferreiros, canteiros, carpinteiros e restauradores. O orzamento global desta...