XUNTA DE GOBERNO

A rúa Otero Pedrayo (San Caetano) terá 60 prazas de estacionamento para residentes

18/09/2015

A Xunta de Goberno aprobou a incorporación da rúa Otero Pedrayo, en San Caetano, ás zonas con estacionamento reservado para residentes. En breve se abrirá o procedemento para que os veciños desta zona da cidade poidan solicitar as súas tarxetas de residente, que lles permitirán estacionar nalgunhas das 60 prazas que se habilitarán.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello incrementa nun 30% a partida destinada ás bolsas de comedor

18/09/2015

A Xunta de Goberno aprobou a ampliación da dotación orzamentaria prevista na convocatoria para a concesión de bolsas de comedor ao alumnado dos centros docentes públicos e concertados de educación primaria para o curso 2015-2016. A partida increméntase un 30%, pasando dos 130.000 euros inicialmente previstos aos 169.000.

Ler máis

ECONOMÍA E FACENDA

María Rozas reclama un sistema tributario xusto para os concellos que permita a redistribución e a progresividade fiscal

18/09/2015

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, informou en rolda de prensa sobre a sinatura polo Concello de Santiago da Declaración de Zaragoza. Mediante este documento, subscrito tamén polos responsables das áreas económicas de Madrid, Barcelona, Alacante, Zaragoza, Badalona e A Coruña, solicítase ao Goberno central unha reforma do sistema tributario aplicado ás administracións locais e unha maior autonomía financeira.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde compostelán fai balance dos primeiros cen días de goberno

18/09/2015

O alcalde de Santiago fixo balance hoxe dos primeiros cen días do seu goberno, dos que salientou a volta á normalidade no Concello. Martiño Noriega explicou que, nestes meses, o seu executivo logrou recuperar a confianza dos cidadáns na administración que lles é máis próxima, grazas á recuperación da interlocución cos barrios e parroquias, a través do seu tecido asociativo, para recoller as necesidades e demandas, moitas delas pendentes desde antes do ano 2011. O rexedor tamén falou da mellora das...

Ler máis

CONSORCIO

Últimos dous concertos do ciclo de actuacións nos barrios da Real Filharmonía de Galicia

18/09/2015

O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Dentro deste propósito, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director...

Ler máis

MOBILIDADE

Santiago de Compostela súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade

17/09/2015

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, presentaron en rolda de prensa as actividades coas que Santiago se suma á celebración da Semana Europea da Mobilidade, unha campaña de concienciación apoiada pola Comisión Europea dende o ano 2000. O obxectivo é sensibilizar sobre as consecuencias negativas do uso irracional do coche, tanto para o medio ambiente como para a saúde pública, e promover modos de transporte máis sostibles.

Ler máis

DEPORTE

As rúas de Santiago acollen este sábado a terceira edición da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia

17/09/2015

A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou a III Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia, para deportistas con e sen discapacidade intelectual. A proba celebrarase este sábado, 19 de setembro, con saída no Monte do Gozo e chegada á praza do Obradoiro. Acompañaron á edil na rolda de prensa o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e un dos participantes, Marcos Sanmartín.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde e o conselleiro de Cultura avanzan na folla de ruta do Womex 2016

17/09/2015

O alcalde de Santiago e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuníronse esta mañá para fixar unha folla de ruta común en torno a dous eventos que se celebrarán o ano que vén: o Womex 2016 e a Feira do Libro de Bos Aires, que terá a Santiago como cidade invitada. Martiño Noriega e Román Rodríguez coincidiron en que as dúas son citas moi importantes, non só para Compostela, senón para o conxunto de Galicia, é por iso é preciso crear sinerxias entre as...

Ler máis
Compartir: