FESTAS
O concerto da Banda Municipal coa Real Filharmonía de Galicia, cita central deste venres nas festas da Ascensión
Aínda quedan convites para asistir de balde a este singular evento no que a Banda Municipal de Música de Santiago e a Real Filharmonía de Galicia compartirán escenario por primeira vez. O motivo deste encontro musical é a celebración do 170 aniversario da fomación dirixida por Casiano Mouriño, que dende 1848 vén desenvolvendo un papel central na vida cultural de Santiago de Compostela, con actuacións nas principais festas e en multitude de eventos municipais. O concerto será este venres 11 de maio, ás 20:30...
ALCALDÍA
O alcalde comprométese a "non dar ningún paso atrás no modelo de calidade da Escola de Música"
O alcalde de Santiago reiterou hoxe que "non imos dar ningún paso atrás no que ten que ver co mantemento dos niveis de calidade da Escola Municipal de Música e do seu modelo educativo". Martiño Noriega lembrou que o centro "foi agarimado nos últimos anos polo Goberno local, e así vai seguir sendo".
ALCALDÍA
O Concello de Santiago entregará un novo informe solicitado por Acuaes para abrir o estudo comparativo de alternativas da EDAR
O Concello de Santiago achegaralle a Augas de Galicia e Acuaes un novo informe sobre a viabilidade técnica e económica da nova EDAR da Silvouta mediante a tecnoloxía granular aerobia. Unha vez entregada esa documentación, poderíase iniciar o estudo de alternativas tendo en conta tanto a proposta do Goberno municipal como o proxecto do Souto defendido polas outras dúas administracións implicadas na actuación.
ALCALDÍA
Aberto o prazo para participar na terceira edición do #Fotolingua
O Departamento Municipal de Lingua vén de poñer en marcha a terceira edición do #Fotolingua, o concurso que pretende darlle visibilidade aos establecementos comerciais da cidade que se comprometen co uso do galego. Para participar no certame só é preciso publicar nas redes sociais Facebook ou Instagram unha imaxe na que se reflicta a utilización da nosa lingua na actividade dunha empresa da.../em>
TURISMO
Santiago será sede en setembro do primeiro Congreso Internacional de Altas Capacidades que se celebra en España
A concelleira de Turismo, Marta Lois, acompañada da vicepresidenta da Asociación de Altas Capacidades de Galicia, Marisa Dequidt; da directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago, Carmen Pomar; e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentou o Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades, primeiro destas características que se celebra en España e que terá lugar en Santiago do 14 ao 16 de setembro, cunha asistencia prevista de 350 persoas.
FESTAS
A música galega e a feira cabalar protagonizan o día grande da Ascensión
A XVII edición da Feira Cabalar en Amio, a comparsa de cabezudos, a sesión vermú de Cachas & Cousins na praza de Cervantes, as actuacións de Folk na Rúa na zona vella, os concertos de OqueStrada e Caxade na praza da Quintana, a verbena da Orquestra Passarela na Alameda e a actuación de Susana Martínez no escenario Compostela é! Música do Toural marcan o itinerario festivo do día grande das festas.
FESTAS
Doce pezas de microteatro e tres concertos na programación especial da Ascensión para público infantil e familiar
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa a programación especial para público infantil e familiar que as festas da Ascensión levan esta fin de semana ao Teatro Principal. Fíxoo na compaña de Cristina Fiaño, de Urdime, e de Nadia Fonseca, Ramón Feáns e Manolo Boquete, tres dos integrantes de Trotaventos, a compañía responsable dun dos concertos que se inclúen no programa.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acollera o 19 de maio a III edición da Gala do Libro Galego
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou esta mañá no Teatro Principal na presentación da III edición da Gala do Libro Galego, que terá lugar o sábado 19 de maio neste mesmo recinto e na que serán entregados os premios do ano nas súas diferentes modalidades.
FESTAS
Bombas de palenque, cabezudos e músicas diversas no arranque das festas da Ascensión
A Ascensión 2018 comeza mañá mércores ás 12:00 horas. As bombas de palenque darán paso a cinco días de festa cheos de actividades abertas a toda a cidadanía, moitas delas de balde, e cunha decidida aposta pola presenza de artistas femininas.
LINGUA
Variadas propostas teatrais e musicais na programación de maio do Apego
O programa Apego trae para este mes de maio varias propostas de teatro, música, obradoiros, contacontos e visitas guiadas. A celebración das Letras Galegas ou dos Maios serán fíos condutores para un calendario no que destaca a programación infantil e familiar prevista no marco das festas da Ascensión no Teatro Principal.