ALCALDÍA
O Concello ratifica o seu apoio ao Club Financeiro de Santiago para iniciar a construción da súa sede en San Lázaro
A construción da sede física para o Club Financeiro de Santiago está máis preto de converterse en realidade. Así o manifestou o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, quen se comprometeu a facilitar a cesión dos terreos una vez constituída a Fundación da entidade empresarial e levada a solicitude ao Pleno.
ALCALDÍA
A redución de dedicacións exclusivas e persoal de confianza permitirá aforrar case dous millóns de euros en toda a lexislatura
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, confirmou, como xa anunciara, a redución dun 30% do persoal de confianza dos grupos municipais e nas dedicacións exclusivas de concelleiros. Esta minoración traducirase nun aforro total de case dous millóns de euros en toda a lexislatura, cantidade que o Goberno municipal destinará a obras de mellora no medio rural.
ALCALDÍA
As obras do Centro de Recuperación Integral de mulleres vítimas da violencia de xénero licitaranse este mes de xullo
As obras de acondicionamento do edificio que albergará o Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero vanse licitar este mes de xullo, cun orzamento de 458.565 euros e un prazo de execución de 6 meses. A licitación da obra vaise acometer tras a sinatura do documento de concesión do inmoble, de titularidade municipal, asinado esta mañá en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a secretaria xeral Técnica e do Patrimonio da Xunta de Galicia, Rosa María Pedrosa.
ALCALDÍA
A ONCE dedica un cupón ao 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago
A Organización Nacional de Cegos quixo implicarse tamén na celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago. Con este motivo realizou un cupón conmemorativo, que foi presentado nun acto celebrado no Pazo Arcebispal. O alcalde compostelán, Xerardo Conce Roa, recibiu unha réplica deste cupón, que se venderá o domingo 10 de xullo.
ALCALDÍA
Clase de inglés para os máis pequenos no Salón de Plenos de Raxoi
Un grupo de 35 alumnos e alumnas da Escola de Verán de Inglés realizaron unha visita ao Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa.
ALCALDÍA
O alcalde determina o reparto de competencias entre os concelleiros
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asinou o decreto polo que nomea delegados da Alcaldía aos doce concelleiros do Goberno local. Establece así o reparto de competencias entre todos eles e as atribucións que lle corresponden nas súas respectivas áreas.
ALCALDÍA
O alcalde asiste á inauguración dunha exposición retrospectiva sobre as orixes do Parlamento de Galicia
O Parlamento de Galicia inaugurou a exposición Aqueles primeiros anos (1981-1989), unha retrospectiva sobre as orixes da institución e sobre o proceso de constitución do autogoberno da Comunidade Autónoma. O alcalde compostelán, Gerardo Conde Roa, asisitiu ao acto apertura da mostra, presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.
DEPORTES
Sesenta e dous deportistas composteláns participan nos IX Xogos do Eixo Atlántico
A IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico deu comezo na localidade portuguesa de Matosinhos. 62 deportistas composteláns (36 mozos e 26 mozas) participan nesta competición, que se desenvolve do 3 ao 8 de xullo.
ALCALDÍA
Gerardo Conde Roa participou en Lugo nos actos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento
Lugo acolleu os actos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, unha cerimonia que se repite cada ano nesta cidade dende 1700. O alcalde compostelán, Gerardo Conde Roa, participou nesta celebración.
ALCALDÍA
O alcalde realizou unha ofrenda floral na tumba do escultor Francisco Asorey
O día no que se cumpriron 50 anos da súa morte, o insigne escultor galego Francisco Asorey González recibiu unha homenaxe a carón da súa tumba, no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. O alcalde compostelán, Gerardo Conde Roa, realizou unha ofrenda floral, no que foi o seu primeiro acto institucional como novo rexedor municipal.