XUNTA DE GOBERNO

Unha modificación puntual do Plan Especial da Cidade Histórica permitirá ampliar as posibilidades de uso comercial

18/04/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica, que permitirá a ampliación das posibilidades de uso comercial dos seus edificios. Ademais, deu o visto bo ás memorias de actividades do VIII Certame de Danza Intercentros e do XVIII Certame de Teatro Intercentros.

Ler máis

TURISMO

O programa "Porta a porta" achegará as Cidades Patrimonio aos mercados francés, alemán, portugués e italiano

18/04/2013

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) segue traballando e mellorando tanto a súa estrutura interna como a súa promoción exterior. A Comisión de Representación, Promoción e Turismo, reunida na sede de Turespaña en Madrid, abordou cuestións relativas á comunicación e ao turismo, dúas importantes facetas na actividade do Grupo.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Equipo de Dinamización Social do USN impartiu o segundo obradoiro de manualidades no Centro Xoán XXIII

18/04/2013

O Programa de Dinamización Social Urbana Santiago Norte, da Concellería de Benestar Social continúa cos seus obradoiros de manualidades con materiais reciclados cunha gran afluencia de participantes. Neste obradoiro, que pertence ao programa Competencia Social e Crecemento Persoal, as persoas participantes puideron elaborar diferentes broches e outros artigos como fundas para o teléfono, chaveiros, forros...

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Continúan os obradoiros de cociña económica do Urbana Santiago Norte

17/04/2013

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais está a realizar unha serie de obradoiros no Centro Comunitario Xoán XXIII. Esta iniciativa, encadrada no programa Actíva-T, consiste na posta en marcha de varias sesións formativas con temáticas diferentes. Así, unha das propostas é á elaboración de pratos de cociña económicos. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou os 12 participantes neste obradoiro.

Ler máis

EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O programa "O conto viaxeiro" estimulará a creatividade e o emprego do galego entre os escolares composteláns

17/04/2013

As concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, presentaron o programa O conto viaxeiro, que se desenvolverá ao longo do mes de maio en varios centros escolares. Tras o éxito da primeira edición, celebrada en varias parroquias, o proxecto permitirá agora aos escolares ir construíndo a súa historia ao longo de dez sesións. Os centros educativos teñen ata o 26 de abril para inscribirse na iniciativa.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Aberto ata o 26 de abril o prazo para solicitar a colaboración municipal nas festas patronais dos barrios e parroquias

17/04/2013

Cando se achega o tempo das festas patronais é momento de continuar co compromiso municipal coas asociacións de veciños. Por iso, a Área de Participación Cidadá retoma a colaboración coas mesmas con motivo das festas populares de barrios e parroquias de Santiago de Compostela, tanto con actividades como cunha axuda para a instalación de carpas.

Ler máis

CULTURA

Función familiar de "Frankenstein", de Teatro dos Ghazafelhos

17/04/2013

Que se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que está a esperar a que o descubran? Frankenstein é unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous científicos, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío, investigan se o lendario monstro Frankenstein existe ou non, e para iso cóanse dentro do castelo un día de tormenta e alí atopan a Igor, un estraño personaxe chepudo. Esta función de teatro infantil chega ao Principal o domingo 21 de...

Ler máis
Compartir: