ALCALDÍA

Compostela Solidaria entregaralle ao Concello os 6.000 euros recadados nun concerto solidario para os comedores escolares

21/09/2015

O alcalde de Santiago recibiu esta mañá á directiva da asociación Compostela Solidaria, presidida por Luis Rivero de Aguilar. O colectivo, integrado por unha trintena de xubilados e xubiladas, púxose a disposición de Martiño Noriega para colaborar nas iniciativas de carácter social que se consideren oportunas dende o Concello. Máis en concreto, Compostela Solidaria amosou o seu interese en participar nas actuacións que poña en marcha o Goberno local para o acollemento de refuxiados.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Constituída a Mesa de Traballo para estudar a situación das persoas sen teito na cidade

21/09/2015

Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, reuniuse está mañá con 13 entidades da cidade (Rede Galega contra a Pobreza, Cáritas, FEAFES Galicia, Cruz Vermella, Albergue Xoán XXIII, Cociña Económica, Policía Local e Protección Civil, UMAD, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais, Colexio de Traballo Social de Galicia, Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Unidade de Traballo Social do CHUS, Persoal Técnico doDdepartamento de Políticas Sociais) para analizar de forma conxunta a...

Ler máis

MOBILIDADE

O transporte urbano será gratuíto este martes en Santiago para celebrar o Día sen Coche

21/09/2015

Santiago de Compostela está a celebrar a Semana Europea da Mobilidade con actividades que se prolongarán ata o próximo domingo cunha xornada lúdica ao redor da bicicleta. Mañá martes, 22 de setembro, celébrase o Día sen Coche, unha xornada á que Compostela tamén se quere unir mediante o fomento do transporte público, que será gratuíto en toda a rede para animar os composteláns a que deixen na casa o vehículo particular.

Ler máis

MOBILIDADE

Santiago de Compostela celebrou o primeiro Encontro pola Mobilidade

21/09/2015

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participou do I Encontro pola Mobilidade, que se celebrou este luns na Biblioteca Ánxel Casal. Duarte apuntou as seis liñas estratéxicas en materia de mobilidade nas que está a traballar o Goberno local e entre as que se atopan a redución do tráfico rodado nas rúas do centro da cidade, sobre todo de vehículo privado, mentres se dá prioridade ao uso peonil. Para o concelleiro de Espazos Cidadáns "é fundamental priorizar os espazos cidadáns para uso e...

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago e outros oito concellos reclaman a democratización da FEMP

19/09/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou en Madrid no XI pleno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). El, xunto cos alcaldes doutros oito concellos do cambio -Madrid, Barcelona, A Coruña, Ferrol, Cádiz, Rivas-Vaciamadrid, Puerto Real e Zaragoza- asinaron un comunicado no que se demanda unha reforma da FEMP en prol da súa democratización.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Mario Gas e Vicky Peña emprenden "El largo viaje del día hacia la noche" no Auditorio

18/09/2015

Este sábado 19 de setembro, ás 20:30 horas, chega ao Auditorio de Galicia El largo viaje del día hacia la noche dentro do programa de Teatro 2015. Mario Gas e Vicky Peña defenderán o magnífico texto do Premio Nobel Eugene O’Neill, tamén gañador de catro Premios Pullitzer. Juan Díaz, María Miguel e Alberto Iglesias completan o reparto que dirixe Juan José Afonso. As entradas poden mercarse, a un prezo de 22 euros, en entradas.abanca.com, no 902 434 443,...

Ler máis

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Homenaxe a Francisco Giner de los Ríos, fundador da Institución Libre de Ensinanza

18/09/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participaron no acto de homenaxe que a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC lle rendeu a Francisco Giner de los Ríos, fundador da Institución Libre de Ensinanza, con motivo do centenario do seu pasamento. Neste 2015 cúmprense tamén 132 anos da súa estanza na cidade con motivo da Excursión Pedagóxica organizada pola devandita institución entre o 14 de xullo e 2 de outubro de 1883.

Ler máis

MOBILIDADE

O Goberno local quere promover o uso do vehículo eléctrico na cidade e a súa contorna

18/09/2015

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, achegouse esta tarde á praza Roxa compostelá para visitar a exposición de coches eléctricos programada dentro da Semana da Mobilidade. Alí, coñeceu de primeira man o funcionamento deste tipo de vehículos, tanto coches como motocicletas, o seu consumo e autonomía, ademais de comprobar os beneficios que ten o seu uso.

Ler máis

DEPORTE

Máis de 700 persoas participarán na terceira proba do IV Circuíto CorreSan

18/09/2015

O CorreSan, que cumpre a súa cuarta edición, volve esta fin de semana ás rúas de Santiago cun circuíto dende a Granxa do Xesto ata o Monte do Pedroso no que participarán máis de 700 persoas nas tres modalidades. Trátase da terceira das catro probas previstas dentro do CorreSan 2015, tras a carreira nocturna pola cidade vella do mes de xullo e a celebrada o primeiro día de agosto no barrio de Angrois.

Ler máis
Compartir: