CONVIVENCIA
Últimos días para o pagamento da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
A Concellaría de Convivencia lembra que este venres, 15 de febreiro, remata o prazo para o abono da taxa anual correspondente ao ano 2019 das tarxetas de residente por razón de municipio.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello habilita cinco novos pisos para familias en situación de vulnerabilidade grazas a unha achega de "la Caixa"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, acompañada pola directora do Centro de Institucións de CaixaBank en Galicia, María Jesús García Piñeiro, así como por persoal técnico do Concello, visitou esta mañá os cinco pisos que o Concello vén de acondicionar para "continuar colocando o S de Social nas políticas públicas e seguir avanzando na Compostela dos coidados".
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde asiste ao concerto didáctico da Escola Municipal de Música no CEIP López Ferreiro
Xa está en marcha o ciclo de concertos didácticos que a Escola Municipal de Música vai levar aos centros escolares e escolas infantís ata o próximo mes de marzo. Hoxe, o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, puideron asistir a unha das actuacións no CEIP López Ferreiro.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Alcalá de Henares (Madrid).
ALCALDÍA E TURISMO
O alcalde e a concelleira de Turismo visitan a terceira edición do Fairway
O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron este luns a terceira edición do Fairway Fórum Camiño de Santiago, que se está a celebrar no Palacio de Congresos e Exposicións. Martiño Noriega e Marta Lois, acompañados polos codirectores do evento, puideron percorrer o máis dun cento de expositores que participan este ano na feira, un 20% máis que en 2018.
CONSORCIO
A fadista Cristina Branco cantará esta semana coa Real Filharmonía un programa dedicado ao fado
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos dedicados ao fado. O primeiro terá lugar o xoves 14 en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, dentro da temporada de abono da orquestra. Ao día seguinte, o venres 15, tocará na Coruña, no Teatro Colón, tamén ás 20:30 horas. A batuta de ámbolos concertos levaraa o mestre luso Pedro Neves, director principal da Orquestra Clássica de Espinho, profesor na Universidade do Minho e un gran defensor de achegar a educación musical aos mozos e...
ALCALDÍA
Aberta a III edición de Fairway coa súa xornada máis lúdica e familiar
Santiago é máis que nunca, dende este domingo e ata o martes, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o epicentro de lecer, negocios e debate sobre o Camiño de Santiago. Fairway abriu hoxe as súas portas co seu día enfocado a público final e especialmente a familias, que puideron gozar xa dende primeira hora da mañá dun amplo programa de actividades para todas as idades.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno desbota os recursos interpostos contra a revogación das licenzas de actividade na canteira de Miramontes
A Xunta de Goberno acordou hoxe rexeitar os recursos de reposición interpostos pola asociación ambiental ADIANTIUM e a empresa Tecnosolos Galaicos contra os acordos adoptados polo Executivo para revogar a licenza de obras e de actividade da canteira de Miramontes, na parroquia da Grixoa. Tal e como explicou a tenenta de alcalde, María Rozas, o Concello ten feitos varios requirimentos á Xunta de Galicia para que achegue informes medioambientais, que aínda non foron facilitados.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música volve aos centros escolares e escolas infantís con máis concertos didácticos
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o director da Escola Municipal de Música, Fernando Rei, presentaron hoxe os concertos didácticos que a EMM dará nos centros escolares e nas escolas infantís durante os meses de febreiro e marzo.
MEDIO RURAL E ESPAZOS CIDADÁNS
Plan para dotar de servizos os núcleos periurbanos inedificables por falta de saneamento e abastecemento
O Concello de Santiago debe investir máis de 3,6 millóns de euros para estender as redes de abastecemento e saneamento aos solos periurbanos nos que contar con estes servizos é esixible para a edificación das parcelas. Así se recolle no estudo-diagnóstico sobre a situación actual dos solos de núcleos rurais do PXOM, que hoxe presentaron os concelleiros de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte; e Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña. Os edís...