CONSORCIO
O antigo Banco de España reabre as súas portas cunha exposición sobre a vida nos conventos de clausura
Para celebrar o décimo quinto aniversario da fundación do Real Patronato, o Consorcio e o Concello de Santiago abren unha exposición singular e única, "Intramuros", no emblemático edificio do Banco de España, na Praza de Praterías. A mostra, que recrea a vida relixiosa e a arte nos conventos de clausura de Santiago de Compostela, e a primeira que ofrece unha visión da clausura dende unha perspectiva global. Atende non só a aqueles aspectos relacionados coa espiritualidade, vida de oración e traballo das...
URBANISMO
Os promotores coinciden co alcalde na necesidade de aprobar o PXOM antes de que remate o verán
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, continúa coa súa rolda de contactos cos distintos colectivos cidadáns para explicarlles o estado actual da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Nesta ocasión tocoulle o turno aos promotores urbanísticos, que coincidiron co alcalde na conveniencia de que o Plan estea listo antes de que remate o verán.
CULTURA
"O ladrón de bonecas": a esencia da felicidade está en Compostela
O Teatro Principal acolle a estrea da curtametraxe de animación en plastilina "O ladrón de bonecas", o xoves 14 ás 21:30 horas. A Concellaría de Cultura apoiou a realización deste filme, dirixido por Fernando Cortizo e producido por Matriuska Producións, que está ambientado en Santiago de Compostela.
EDUCACIÓN
Cita obrigada para nenos e nenas en Ferradura Aberta
Os máis novos poden xa participar nas actividades de Ferradura Aberta, que un ano máis botou a andar no Paseo da Ferradura, na Alameda compostelá. Ata o 28 de xullo, nenos e nenas de dous a catorce anos poden participar de balde e polas tardes, de luns a venres, na ampla oferta lúdica do programa, organizado polo departamento de Educación. Agárdase que preto de 700 rapaces pasen cada día pola Alameda.
EDUCACIÓN
Máis de 50 nenos e nenas están a participar cada día no Campamento Urbano
Ata o vindeiro 28 de xullo, os nenos e nenas de cinco a doce anos teñen unha cita no Campamento Urbano que se desenvolve no CEIP Fontiñas. Dende o seu comezo, o 10 de xullo, unha media de 50 rapaces veñen pasando por este espazo de lecer. Agárdase que a participación medre aínda máis nos vindeiros días.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Premio de Escaparatismo distingue a orixinalidade e a integración no entorno de tres comercios do casco histórico.
Un comercio téxtil de recente creación, Zürich-SCQ, situado no número 47 da Rúa do Vilar, foi o gañador do Premio de Escaparatismo SCQ Shopping da tempada de verán 2006. O xurado elixiu este escaparate entre os 47 participantes -17 máis que na campaña de primavera-, pola combinación harmónica da oferta de novas propostas estéticas dos seus produtos, así como pola súa organización do espazo e decoración interna.
CULTURA
Cantigas e Agarimos recupera as súas gravacións históricas
"Na Algalia de Arriba" é o título do disco que recupera as gravacións históricas do coro do coro da agrupación Cantigas e Agarimos. Este traballo de restauración, que se presenta en formato de CD Libro, recolle entre outros, a primeira gravación dun tema hoxe convertido en clásico, "A Virxe de Guadalupe. A Rianxeira". A discográfica Ouvirmos encargouse da dixitalización destas pezas, nun proxecto no que colaborou a Concellaría de Cultura.
CAPITALIDADE
O Consello da Capitalidade aproba unha asignación para Compostela de 2,5 millóns de euros en 2006
O Consello da Capitalidade aprobou o financiamento da capitalidade para o presente ano, que alcanza os 2.500.000 €. Esta cantidade ascenderá 3 millóns de euros en 2007. Na xuntanza tamén ser realizaron as previsións para o trienio 2007-09 e deuse conta da creación do Xulgado do Mercantil e do Rexistro Mercantil para a demarcación de Santiago de Compostela.
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago comprométese a reducir o consumo enerxético nos seus edificios
Fomentar o uso racional da enerxía e a mellora ambiental na cidade é o obxectivo do convenio que subscribiron o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e o conselleiro de Industria e Comercio e presidente do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Fernando Blanco. Esta iniciativa enmárcase no proxecto europeo EnerinTown, destinado a reducir o consumo de enerxía nos edificios públicos. A Comisión Europea estima o aforro nun 5%, que nalgúns casos pode chegar ata o 15%.
OFRENDA
O presidente da Xunta será Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo
O Rei Juan Carlos designou ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, como Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o martes 25 de xullo na Catedral de Santiago.