MOCIDADE
A Concellería de Mocidade lanza un ciclo de obradoiros para previr a adicción aos xogos de apostas en menores
Rubén Prol, concelleiro de Mocidade, acompañado polo educador social Ramón Molina, presentaron esta mañá en rolda de prensa a segunda edición de "Vas Picar? Mocidade libre de apostas" que este ano porá en marcha unha serie de obradoiros dirixidos ao alumnado de educación secundaria co fin de sensibilizalos sobre os perigos da ludopatía.
DEPORTES
Os Xogos de Natación para persoas con discapacidade intelectual terán lugar este sábado en Santiago
As piscinas municipais de Santa Isabel serán o escenario esta fin de semana da 24ª edición dos Xogos Autonómicos de Natación para persoas con discapacidade intelectual. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, que estivo acompañada na rolda de prensa polo secretario de Special Olympics Galicia, Javier García, e Daniel Rodríguez, deportista participante da asociación ASPAS.
MEDIO AMBIENTE
Santiago acollerá a primeira reunión do proxecto europeo BIORECER
Esta iniciativa, liberada por Cetaqua Galicia, centro tecnolóxico da empresa Viaqua, busca promover o uso de biomasas para mellorar o rendemento e a trazabilidade das materias primas biolóxicas utilizadas polas bioindustrias. O proxecto, que conta con socios nacionais e estranxeiros, celebrará a súa primeira reunión os vindeiros 17 e 18 de outubro no Pazo de Fonseca e no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago (USC).
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as bases de dúas convocatorias de axudas destinadas a empresas de Santiago e do Premio á excelencia empresarial
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou hoxe as bases de tres convocatorias destinadas a empresas, nas que se investirán, en conxunto, 460.000 euros. En concreto, deuse luz verde ás axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social (250.000 euros); as subencións para actuacións en materia de economía circular (150.000 euros); e á primeira edición dos "Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030" do Concello de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Curtocircuíto anuncia os filmes gañadores da súa 19 edición
O Curtocircuíto pechou onte a súa 19ª edición co anuncio do palmarés, tras 9 días de festival nos que Compostela recibiu a máis de 100 convidados e convidadas vinculadas ao cinema de autor, as artes sonoras e visuais. Ao acto de clausura asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; varios membros da corporación municipal; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.
DEPORTES
O Concello renovará dúas pistas de tenis municipais na rúa Rodríguez de Viguri
A concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, presentou esta mañá en rolda de prensa o proxecto de renovación das pistas de tenis municipais da rúa Rodríguez de Viguri, que estará dividido en dúas fases, e no que o Concello investirá un total de 96.538,78 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes por 5,5 millóns de euros que financiarían a rehabilitación de 442 vivendas
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, deu luz verde á solicitude de participación no "Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio" do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, cunha cantidade a subvencionar de 5.551.978,07 euros a través dos fondos NextGenerationEU. Tamén aprobou o gasto do convenio de colaboración para 2022 entre o Concello de Santiago e Cruz Vermella, pola contía de 85.000 euros, que se destinarán aos programas de "Atención a persoas sen...
EDUCACIÓN
O alcalde visita o CEIP Ramón Cabanillas para coñecer de primeira man as demandas que unha alumna lle trasladou por carta
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro, acudiron esta mañá ao CEIP Ramón Cabanillas para comprobar in situ as demandas dirixidas ao rexedor por unha alumna de quinto de primaria nunha carta manuscrita na que solicitaba unha serie de arranxos na contorna do seu colexio.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Comeza a VI edición do certame "Enreguéifate"
O Enreguéifate 2022-2023, no que colabora o Concello de Santiago, desenvolverase desde outubro ata abril. Entre as actividades previstas: obradoiros de formación para o alumnado e o profesorado, un certame regueifeiro e un encontro de regueifa.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo valora positivamente os investimentos para Santiago recollidos nos Orzamentos Xerais do Estado
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, congratulouse polos 120 millóns de euros que recibirá Santiago a través dos Orzamentos Xerais do Estado, unha cifra que calificou como "unha dotación económica extraordinariamente importante que contempla os investimentos prioritarios para o Concello".