ALCALDÍA
O alcalde compostelán recibiu o presidente de Colega Galicia
Rafael Moral, presidente de Colega Galicia (Colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais de Galicia) acudiu á Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Entréganse os premios dos Certames Literarios da Rede de Centros Socioculturais
O venres 23, Día do Libro, entregaranse os premios da IX edición do Certame de Relato Curto José Saramago e da VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre, certames literarios que organiza a Concellaría de Centros Socioculturais. Os gañadores dos premios foron Alberte Momán, con Sermos un, na edición de poesía, e Diego Giráldez, con Un cometa para unha despedida, na edición de relato curto. A entrega de premios será na Biblioteca do CSC das Fontiñas.../em>/em>
BENESTAR SOCIAL
A UAF presta atención integral a 177 familias en situación de vulnerabilidade social
Dende que iniciou a súa andaina a finais de 2007 e ata finais de 2009, a Unidade de Atención ás Familias atendeu a 270 menores e 177 familias. Son datos da memoria desta entidade, presentada en rolda de prensa pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá intercambia fondos bibliográficos co Museo do Pobo Galego
A Concellaría de Participación Cidadá realizou un intercambio de fondos bibliográficos co Museo do Pobo Galego. O troco materializouse no traspaso de obras que estaban duplicadas nas respectivas bibliotecas de ambas entidades.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica e Caixa Galicia ofrecen formación a emprendedores para elaborar o seu plan de empresa
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o director de Organismos de Caixa Galicia, Álvaro Rodríguez Cabo, presentaron a terceira edición do curso gratuito Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito. A acción formativa enmárcase no Servizo de Apoio á Empresa que ofrece Promoción Económica, igual que a V Xornada Emprende en Compostela, na que tamén colabora Caixa Galicia.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Destacados especialistas debaterán sobre pedagoxía nas xornadas "Unha nova ollada en torno ás Misións Pedagóxicas"
Os días 21 e 22 de abril, na Casa das Asociacións, destacados representantes de ámbitos da pedagoxía, da investigación, da historia da educación, da arte ou do xornalismo, compartirán co público as súas reflexións e ensaiaran respostas a novos interrogantes dende as perspectivas histórica e de xénero. Será nas Xornadas de Comunicación e Debate Unha nova ollada en torno ás Misións Pedagóxicas.
ALCALDÍA
O reitor explicou o proxecto do Campus Vida ao Consello Municipal de Educación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a sesión ordinaria do Consello Municipal de Educación. Na orde do día figuraba a presentación do proxecto Campus Vida.
ALCALDÍA
As obras de ampliación do tramo urbano da AP-9 licitaranse despois do verán
O ministro de Fomento, José Blanco, presentou o proxecto de ampliación da AP-9 no seu paso por Santiago, nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Este tramo, libre de peaxe, pasará a contar con catro carrís por sentido entre Santiago Norte e Santiago Leste e con tres entre Santiago Leste e Santiago Sur. Esta actuación suporá un investimento de preto de 100 millóns de euros.
ALCALDÍA
Catro rúas de San Lázaro e do Castiñeiriño levarán o nome dos gardas civís nados en Santiago vítimas de accións terroristas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión en Raxoi con representantes da Asociación de Víctimas do Terrorismo (AVT), que está a celebrar en Santiago o III Encontro nacional de asociados á AVT.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Chega a Compostela o grupo veciñal que realizou o tramo galego do Camiño Francés
A primeira das tres rotas polos Camiños tradicionais do programa Fai o camiño conosco concluíu coa chegada a Compostela da peregrinación composta por veciños da cidade. Acompañados pola concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, os veciños chegaron á Porta Santa tras percorrer 12 quilómetros dende Lavacolla a Santiago.