CONSORCIO
Máis de 3.000 persoas participan na aperta humana á Catedral de Santiago
O Consorcio de Santiago deu por inaugurada a conmemoración do 800º aniversario da consagración da Catedral de Santiago cun abrazo humano ao redor da basílica. O acto de participación cidadá Compostela abraza a súa catedral reuniu a máis de 3.000 persoas formando unha enorme cadea humana, ás que, segundo estimacións, sumáronse unhas 2.000 persoas máis nas inmediacións da Catedral, que gozaron da animación de rúa por parte de asociacións e colectivos culturais da cidade. Polo...
ALCALDÍA
Compostela, cidade de baloncesto
O proxecto Cidades Adecco chega a Santiago de Compostela co obxectivo de levar o baloncesto a todos e cada un dos recunchos da cidade. Con tal fin, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director corporativo da Federación Española de Baloncesto, Alfonso Seoane, asinaron un convenio de colaboración para fomentar a práctica do baloncesto.
EDUCACIÓN
"El camino de Olaj", de Martín León-Barreto, gaña a cuarta edición do Premio Internacional de Álbums Ilustrados
O xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu o traballo titulado El camino de Olaj, de Martín León-Barreto Johnson (Guadalaxara) coma o gañador desta edición. Nesta cuarta edición do galardón, organizado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da XI Campaña de Animación á Lectura, participaron 375 traballos.
ALCALDÍA
O alcalde convoca os composteláns a dar o seu abrazo agarimoso á Catedral
Na xornada previa ao abrazo á Catedral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo convocar a todos os composteláns a participar neste acto, que se celebrará o sábado 9 a partir das 13:00 horas.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago ofrece unha recepción aos representantes dos establecementos homenaxeados en 2011
O Concello ofreceu unha recepción a representantes dos comercios distinguidos na convocatoria Homenaxe ao Comercio Compostelán 2011, e de establecementos premiados en programas desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
CONSORCIO
A exposición "Domus Iacobi" amosa as claves da historia e da arte da Catedral
Con motivo do inicio dos actos promovidos dende o Consorcio de Santiago para o oitavo centenario da Catedral de Santiago, o sábado 9 inaugurarase a exposición Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago. Un día antes da apertura, realizouse unha visita para os medios de comunicación ao Colexio de Fonseca, onde se instalou a mostra.
MEDIO AMBIENTE
Aberto o prazo para solicitar os postos do mercado "Entre Lusco e Fusco" nas terrazas de Belvís para os dous vindeiros anos
A Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábe abre o prazo para a adxudicación de 33 autorizacións para a ocupación de espazos nas terrazas de Belvís, destinadas a exercer a actividade de exposición, intercambio e venda dos produtos no mercado "Entre Lusco e Fusco", que se celebra nas tardes dos martes nas terrazas do Parque de Belvís.
TURISMO
Turismo de Santiago presenta a súa aplicación para dispositivos móbiles
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou no Pazo de Raxoi a aplicación para dispositivos móbiles da web de Turismo de Santiago, na que se ofrece unha guía interactiva dos recursos turísticos da cidade.
EDUCACIÓN
O IES Rosalía de Castro representará a Santiago na décima edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron o grupo do IES Rosalía de Castro que elaborou o traballo seleccionado por Santiago para participar na décima edición do programa didáctico Coñecer as Cidades Patrimonio. Os escolares viaxarán do 1 ao 3 de maio a Ávila, e posteriormente a Toledo, cidade que acolle nesta ocasión o certame final.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co recoñecido ilustrador italiano Roberto Innocenti
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o ilustrador Roberto Innocenti, que se atopa en Santiago para participar como xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.