POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción aos participantes na iniciativa "Camiñando polo dano cerebral", que realizaron o treito final do Camiño de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ás persoas da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) que participaron no percorrido do treito final do Camiño de Santiago, no marco da iniciativa "Camiñando polo dano cerebral". Unha iniciativa, que tamén se levou a cabo noutras cidades, como Ourense, e que ten como obxectivo visibilizar a realidade das persoas con dano cerebral e para conciencias as administracións de que son precisos máis recursos para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.
ACCIÓN CULTURAL
maré 21 volve a Compostela coa súa edición máis ambiciosa en propostas musicais e artísticas das dúas beiras do Atlántico
maré 21, outrora Cantos na maré, chega á súa XVII edición, e aséntase este 2021 na capital galega onde, ademais do Teatro Principal e o Auditorio de Galicia, se estende nesta ocasión á praza da Quintana e o parque de San Domingos de Bonaval, enchendo Compostela con multitude de propostas musicais e artísticas procedentes das dúas beiras do Atlántico e situando Galicia no epicentro da vangarda creativa mundial.
COMERCIO
Os establecementos comerciais e hostaleiros de Santiago poden adherirse dende o 17 de setembro á campaña de bonos "Corazón Compostela"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte presentaron esta mañá a campaña de incentivación do cunsumo "Bonos Corazón Compostela". Estiveron acompañados por representantes das asociacións de comerciantes Santiago Centro, Compostela Monumental, Comercio Punto Compostela, Em-Rede, Área Central, Ourives de Compostela; así como pola Asociación de Hostalería Compostela.
MOCIDADE
O Centro Xove de Creación Cultural pon en marcha as actividades para o curso 2021/2022
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe a programación do Centro Xove de Creación Cultural, localizado na Almáciga, para a tempada 2021/2022, que abrangue os meses de setembro a xuño. Un programa que combina formación, ocio, e distintos servizos con alta demanda entre a xente moza, entre eles tres locais de ensaio para bandas, un estudo de gravación, unha ludoteca ou un servizo de mediación de proxectos culturais. Tamén conta cun grupo de teatro e cun coro.
ACCIÓN CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2021-2022 co lema "Viaxes"
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada 2021-2022, na que se continuará coa celebración do seu 25º aniversario (1996-2021). Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel -vía vídeo-; a directora técnica da RFG, Sabela García; xunto ao...
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local controlará as distraccións ao volante do 16 ao 22 de setembro
A Policía Local participará nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Os controis realizaranse entre o 16 e o 22 de setembro.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os Premios Youtubeiras abren a inscrición dunha quinta edición que buscará a consolidación da comunidade creadora "que medrou ao abeiro do concurso"
Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Santiago de Compostela; das tres universidades e da Deputación da Coruña; abren o prazo de inscrición para a súa quinta edición. Os galardóns, que este ano teñen como lema ‘Magnetismo en liña’ reparten un total de 7.500 euros entre as persoas gañadoras da ducia de categorías nas que se divide o certame.
EMPREGO
Os alumnos e alumnas do programa de emprego Santiago Sustentable II recollen os seus diplomas no Pazo de Raxoi
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta, Zeltia Lado Lago, entregaron esta mañá no Pazo de Raxoi os diplomas do programa de emprego Santiago Sustentable II aos 16 alumnos e alumnas participantes.
DEPORTES
Recepción ao atleta Pepín Rioseco, que con 80 anos acadou varios récords mundiais na súa categoría
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ao atleta ferrolán José Vicente Rioseco, máis coñecido como Pepín Rioseco que, con 80 anos, acadou distintos récords mundiais na categoría da súa idade. Entre eles, destacan o de 800 metros, o de 1.500 metros e o da milla. Ademáis de superalos, fíxoo con diferenzas cronométicas salientables.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Villajoyosa (Alacante), vítima de violencia machista.