LINGUA

Sacaúntos, Lila de Lilith e Imaxin, distinguidas no XVI Premio Manuel Beiras

17/12/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez, deron a coñecer este xoves en rolda de prensa o nome dos gañadores do Premio Manuel Beiras. Sacaúntos Cooperativa Gráfica, a libraría de mulleres Lila de Lilith e Imaxin Software foron as empresas galardoadas nesta décimo sexta edición. A entrega de distincións celebrouse pola tarde na propia Cámara de Comercio.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Cabalgata de Reis 2016 será máis participativa que nunca e estará dedicada á música infantil galega

16/12/2015

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a Cabalgata de Reis 2016, que este ano será "máis democrática, participativa e popular". Os nenos e nenas de Santiago poderán participar no percorrido como paxes, como integrantes do tren ou como parte da animación que acompañará a varias carrozas. Ademais, a deste ano será unha cabalgata temática, dedicada á música infantil galega.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación e Kalandraka convocan o IX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

16/12/2015

A Concellaría de Educación e Cidadanía, en colaboración coa editorial Kalandraka, convoca o IX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 7 de marzo de 2016 e o fallo do xurado coñecerase en abril, coincidindo co mes do libro e durante a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Centro de Interpretación Ambiental de Belvís reabre as súas portas cunha ampla oferta de actividades para 2016

16/12/2015

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta este mércores da reapertura do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, en Belvís, e presentou o programa de actividades para os vindeiros meses. Fíxoo acompañado de Paula Lubián, responsable de proxectos de Feitoría Verde, a cooperativa que se encargará de xestionar o CIAC.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Chicago Mass Choir estará o vindeiro luns no Auditorio co seu tributo a B.B. King

16/12/2015

O Chicago Mass Choir, dende o respecto e a fidelidade á tradición do gospel, presenta no Nadal do 2015 A spiritual tribute to B.B. King, unha sentida homenaxe ao rei do blues e lenda da música popular americana. Será o vindeiro luns, 21 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 20 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443, en entradas.abanca.com e o propio día do concerto no despacho de billetes do...

Ler máis
Compartir: