TURISMO

As cidades Patrimonio da Humanidade, no Salón Internacional de Turismo de París

18/03/2016

Santiago de Compostela e o resto de cidades Patrimonio da Humanidade continúan a súa intensa promoción en Europa de acordo ao seu Plan Operativo de Turismo 2016. Desta forma, dende este xoves e ata o domingo, o Grupo está presente no Salón Internacional de Turismo de París, a feira da industria turística máis importante de Francia.

Ler máis

CONVIVENCIA

A Concellaría de Convivencia non autorizará a celebración de festas se as solicitudes non cumpren todos os requisitos de seguridade

18/03/2016

A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia non autorizará a celebración da II Festa da Xuventude da Pontepedriña ata que os seus organizadores entreguen toda a documentación esixida por lei. O edil Xan Duro insistiu en que "o Concello non pode prevaricar e incumprir a normativa, e ten o deber de vixiar polos intereses do conxunto da veciñanza".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Vox Stellae inaugura este domingo "De lugares e órganos" cun concerto na igrexa de San Paio de Antealtares

18/03/2016

De lugares e órganos, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a Concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, inaugurase este domingo, día 20, cun concerto de Vox Stellae. Será a partir das 20:30 horas na igrexa de San Paio de Antealtares co programa María Magdalena. Cinco escenas musicais da súa vida. O programa continúa luns con Constrúe o teu propio tubo, un obradoiro de organería para crianzas na igrexa da Compañía ou da Universidade.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Compostela súmase á Hora do Planeta

18/03/2016

O Concello de Santiago, a través da concellería de Medio Ambiente e Convivencia, vaise sumar este sábado á celebración da Hora do Planeta, unha campaña de WWF concibida como un xesto simbólico para loitar contra o cambio climático.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Inés Sáa López, alumna do Colexio La Salle, recibe o primeiro premio do certame literario "Relatos de Auga Intelixente"

17/03/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manolo Dios, acompañados por outros membros da Corporación e por representantes da empresa Viaqua e do Colexio La Salle, entregaron o primeiro premio do certame Relatos de Auga Intelixente á alumna de bacharelato Inés Sáa López, que cursa estudos no devandito centro.

Ler máis

FACENDA

O Concello procederá á devolución de 1.661 recibos da contribución por fincas rústicas que cotizaban como urbanas

17/03/2016

O Concello de Santiago vai devolver un total de 1.661 recibos da contribución por fincas rústicas que viñan cotizando como urbanos, o que supón un importe total de 600.00 euros. Isto é posible en virtude da modificación por parte da Dirección Xeral do Catastro dcondicións daquelas fincas que non tiñan aprobado o Plan Parcial, que cotizarán como rústicas en 2016.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS, MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL

Compostela optará a cinco millóns de euros de fondos europeos para accións de desenvolvemento ecosocial

17/03/2016

O Concello de Santiago vén de presentar un proxecto de loita contra a pobreza urbana, co que opta a fondos europeos do programa UrbanInnovativeActions (UIA). As accións previstas, que estarán lideradas pola Concellaría de Políticas Sociais en colaboración con outros departamentos municipais, están orzamentadas en 6,2 millóns de euros. Desa cifra, 5 millóns de euros procederían dunha subvención europea con cargo aos fondos FEDER.

Ler máis

TURISMO

Renfe oferta un 35% de desconto nas viaxes a Santiago por Semana Santa

17/03/2016

Renfe aplicará un desconto especial do 35% nos billetes de tren de ida e volta con destino Santiago durante a celebración da Semana Santa. Este desconto aplicarase grazas ao convenio de colaboración que se asinou o pasado mes de xaneiro entre a compañía, Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela.

Ler máis
Compartir: