CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio asinan con Fundación ONCE un programa de accesibilidade universal
O presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, acorda co director xeral de Fundación ONCE, José Luís Martínez Donoso, un programa de accións para o fomento da Accesibilidade Universal.
IGUALDADE
En marcha as primeiras actividades do programa "Reencontros nas parroquias"
O programa, incluido no Artellando Feminismo 2021, comezou coas actividades de exterior, que resultan máis seguras e atractivas para as participantes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a apertura do procedemento para adxudicar os fogos do Apóstolo 2021, cunha licitación de preto de 290.000 euros
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente denominado "Deseño, produción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo 2021 do Concello de Santiago de Compostela" e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto. O contía da licitación establécese en 289.629,93 euros.
COMERCIO
As asociacións de comerciantes dan o visto bo por unanimidade ás bases que rexerán a próxima convocatoria de axudas para o sector
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela, no que se trataron varios asuntos; entre eles, as bases do terceiro plan de reactivación económica para os sectores que máis de cerca están padecendo as consecuencias das medidas restritivas ditadas para frear a pandemia, neste caso o comercial.
ALCALDÍA
A directiva da Asociación de Periodistas de Galicia mantén a súa primeira reunión co alcalde de Santiago
No Pazo de Raxoi, os xornalistas mostraron ao rexedor a súa disposición a colaborar no desenvolvemento dos eventos vinculados ao Ano Santo Compostelán e expuxeron a súa inquietude sobre as consecuencias que está xerando a pandemia na profesión.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba solicitar unha subvención de 45.000 euros para reforzar o CIM
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou solicitar unha subvención de 45.000 euros á Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro da resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, publicada no DOG do pasado 12 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa satisfacción polo levantamento da cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros que permite realizar as obras da estación do AVE despois "do traballo realizado"
Despois do anuncio formalizado polo ministro de Transportes, José Luis Ábalos, no Pazo de Raxoi no día de onte, o alcalde amosou a súa satisfacción pola próxima licitación das obras de ampliación e mellor da estación de tren tralo levantamento da cláusula que vinculaba a realización desa actuación a acadar os 3,5 millóns de usuarios.
CONCELLO
O Concello de Santiago prorroga a autorización de instalación de postos no mercado dos sábados de Fontiñas
O Concello de Santiago vén de prorrogar, con data 9 de abril, a autorización ás persoas titulares de licenzas de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para a continuación da instalación dos postos no mercado dos sábados, na rúa París.
FESTAS
Nova data do concerto do 40 aniversario de Bad Religion en Santiago de Compostela en 2022
Debido á actual situación orixinada pola COVID-19, todos os concertos da xira de Bad Religion serán aprazados a 2022, incluído o concerto que ía ter lugar en Santiago de Compostela, o único do noroeste peninsular, e que se celebrará o vindeiro 22 de maio de 2022 no Multiusos Fontes do Sar.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañada por Isabel Suárez Carballo e Lorena Moreno Jiménez, da Fundación Secratario Xitano, deu lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira, co canto do himno Gelem, Gelem, e coa cerimonía do Río.