ALCALDÍA

Santiago e Oroso recuperan o proxecto das Vías Verdes a Compostela

25/09/2015

O alcalde de Santiago recibiu hoxe ao seu homólogo en Oroso, dentro da rolda de contactos que vén mantendo cos rexedores da comarca. Martiño Noriega e Manuel Mirás repasaron os asuntos que teñen en común os dous municipios, e amosaron o seu desexo de recuperar o vello proxecto das Vías Verdes a Compostela.

Ler máis

CONVIVENCIA

O Goberno local e os Bombeiros empezan a negociar o Plan Director do Corpo

25/09/2015

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia reuniuse este mediodía coa Xunta de Persoal e co xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez, para avanzar na redacción do Plan Director do Corpo. Xan Duro estudou a proposta presentada polos traballadores, que considera un bo punto de partida para o que terá que ser o documento final.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Reunión da Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio

25/09/2015

Este venres celebrouse na sede da Casa Árabe en Madrid a reunión de constitución da nova Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, tras as recentes eleccións municipais. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu a esta xuntanza.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

A I Liga Compostelá de Futbolín remata co Play Off e co Master Compostela Futbolín

24/09/2015

A Concellaría de Políticas Sociais organizou no mes de setembro unha liga de futbolín en catro centros socioculturais diferentes: Cruceiro da Coruña, Castiñeiriño, Conxo e Amio. En cada sede competiron 25 parellas de mozas e mozos. O obxectivo da actividade é ofrecer "actividades de ocio alternativas para mozos e mozas", tal e como asegurou esta mañá a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela promociónase na feira turística máis importante de Xapón

24/09/2015

Turismo de Santiago participa na Jata Tourism Expo Japan 2015, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 24 e o 27 de setembro en Tokio. O posto promocional de Santiago sitúase no pavillón de Turespaña. Esta feira reúne os principais profesionais do sector turístico xaponés, touroperadores, axentes de viaxes, xornalistas especializados…, polo que é o punto de encontro ideal para presentar a cidade.

Ler máis
Compartir: