ALCALDÍA
O alcalde expresa as súas condolencias pola morte da Condesa de Fenosa, compostelá de nacemento
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou o pésame do Concello de Santiago á familia da Condesa de Fenosa, Carmela Arias y Díaz de Rábago, tras coñecer a noticia do falecemento "dunha das mulleres trascendentais na historia recente de Galicia que naceu precisamente en Santiago".
IGUALDADE
O III Plan de Igualdade artella as intervencións en materia de xénero para o período 2009-2010
A Concellería de Benestar Social e Igualdade vén de elaborar o III Plan de Igualdade, que afonda e mellora as liñas de traballo xa existentes en prol da igualdade. De acordo á realidade cambiante ás novas necesidades, o Plan traza rotas a seguir en ámbitos como a educación e o emprego, a mocidade, o asociacionismo ou a prevención da violencia de xénero.
EDUCACIÓN
O Concello achega 13.000 euros para o financiamento do Bacharelato Internacional
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou un convenio de colaboración co director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, para o financiamento do Bacharelato Internacional. En virtude deste convenio, a entidade municipal achega 13.042 euros.
ALCALDÍA
O alcalde segue a confiar en que o convenio da estación do AVE se asine na primeira semana de novembro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recordou unha vez máis que o borrador do convenio para a construción da estación do AVE "foi redactado e conformado" por todas as partes. Insistiu tamén en que "o tráfico é unha competencia municipal" e na súa confianza en que "o convenio se asine na primeira semana de novembro, despois de ter sido xa retrasada a súa sinatura tres veces".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu aos organizadores do III Congreso da Federación Galega do Metal da UXT
Os organizadores do III Congreso ordinario da Federación Galega do Metal, Construción e Afíns da UXT foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
DEPORTES
Máis de 7.000 participantes nunha XXXII Carreira Pedestre gañada polos kenyanos Peter Kirui e Gladys Cherono
O atleta kenyano Peter Kirui foi o gañador da XXXII Carreira Pedestre Popular, celebrada un ano máis nas rúas compostelás. O corredor africano bateu o récord da proba en 25 segundos, marcando un tempo de 34 minutos e 22 segundos. Na categoría feminina a primeira en chegar á meta foi outra kenyana, Gladys Cherono.
ALCALDÍA
Santiago homenaxeou a "Borobó"
A Asociación de Periodistas de Santiago entregou o I Premio Raimundo García Domínguez, "Borobó", no transcurso do I Certame e Xornada de Periodismo de Opinión, celebrado na sede da Fundación Caixa Galicia. O gañador foi o xornalista Xabier Lama, autor do artigo Borobó contra Wallace Sousa, quen se impuxo nunha convocatoria á que concorreron máis de 50 artigos de opinión.
CULTURA
"A cinta branca" de Michael Haneke, gañadora da Palma de Ouro en Cannes, abrirá a 23 edición de Cineuropa
Da man de novembro chega a Compostela de novo o festival de cinema Cineuropa, organizado pola Concellaría de Cultura. Comezará o 4 de novembro a súa 23 edición coa estrea do esperado filme de Michael Haneke A cinta branca, gañador da Palma de Ouro no Festival de Cannes. Ademais de Haneke, na sección oficial do Festival, competirán polo premio do público outros 31 filmes, con títulos tan destacados coma Looking for Eric, de Ken Loach; Soul Kitchen, coa que Fatih Akin obtivo o premio á mellor.../em>
ALCALDÍA
A plantación de 250 árbores no parque Antón Avilés de Taramancos abre a campaña "¡Plántate! Ven e sementa vida"
O parque Antón Avilés de Taramancos, nas Cancelas, foi o escenario dunha plantación de 250 árbores incluída na campaña "Plantemos para el Planeta", integrada no Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). No marco desta campaña lanzouse a acción ¡Plántate! Ven e sementa vida, promovida por 40 Principales en colaboración coa Fundacións Más Árboles (F+á), cuxo punto de partida foi Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde demanda a sinatura inmediata do convenio da estación do AVE
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou en rolda de prensa que todas as propostas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a propósito da estación do AVE, "foron escoitadas e incorporadas ao convenio. Por este motivo, sinalou que "non hai ningunha xustificación para non asinar xa este convenio", polo que agarda que esta firma se produza "a ser posible, na primeira semana de novembro".