INFRAESTRUTURAS
Santiago verá melloradas as infraestruturas que a unen co norte da provincia da Coruña
A Comisión de Infraestruturas da Deputación da Coruña informou favorablemente, e por unanimidade, sobre dous proxectos que buscan a mellora da rede de infraestruturas viarias que une a cidade compostelá cos concellos do norte da provincia coruñesa.
TRANSPORTE
Os aparcadoiros de Xoán XXIII e de Belvís cobrarán por minuto en 2007
O concelleiro de Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, anunciou en rolda de prensa que as tarifas nos aparcadoiros de Xoán XXIII e Belvís, que xestionará TUSSA no ano 2007, comezarán a aplicar o sistema tarifario por minuto.
SANIDADE
O Diagnóstico de saúde do municipio de Santiago revela que os condicionantes son bastante positivos
A concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, vén de presentar un avance do diagnóstico de saúde do municipio compostelán, un documento aberto, elaborado por un grupo de expertos da USC mercé a un convenio entre o Concello e a institución universitaria.
MULLER
Santiago únese á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O sábado 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Loita contra a Violencia Doméstica. Con este motivo, o Concello preparou unha serie de actos ao longo de tres días.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Unha nova serigrafía para agasallo institucional recolle a imaxe da máis moderna e dinámica Compostela
Os visitantes máis ilustres de Raxoi recibirán como agasallo unha nova serigrafía, obra do artista Zurzo Martiño. Trátase dunha representación de Compostela en catro cores, que amosa "unha visión nova de Santiago, moderna, dinámica e adecuada á arte actual", segundo apuntou a concelleira de Presidencia e Relacións Institucionais, Teresa García-Sabell.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Organizacións e entidades comprometidas co autoemprego colaboran por primeira vez nunha xornada sobre emprendedores
O Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou a Primeira Xornada do Emprendedor Compostelán, que se celebrará o 12 de decembro no Pazo de Congresos de Santiago. É a primeira vez que as organizacións e entidades comprometidas co fomento do autoemprego a través da creación de novas empresas colaboran no desenvolvemento dunha iniciativa deste tipo
TURISMO
Compostela promóvese en Milán e Barcelona como sede de congresos
O Santiago de Compostela Convention Bureau participa o xoves 23 na presentación da Alianza de Cidades Patrimonio de Congresos de España en Milán, e estará presente na vindeira semana na terceira edición en Barcelona da feira EIBTM, a máis importante de Europa para a promoción de congresos e viaxes de incentivos.
DEPORTES
O alcalde recibe á directiva do Club Triatlón Bricosa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello á directiva do Club Triatlón Bricosa, encontro no que tamén estivo presente o concelleiro de Deportes, Manuel Portas.
UMAD
A UMAD ten nova páxina web
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) ten nova páxina web. Na mesma amósanse todas as claves desta entidade, que presta información e formación sobre o consumo de drogas e as súas consecuencias, que ofrece tratamento para persoas con dependencia e que conciencia sobre o perigo das drogas.
EMIGRACIÓN
O maioría dos composteláns residentes en Uruguai consideran a súa situación económica como regular
O 53% dos santiagueses e santiaguesas residentes en Uruguai considera que a súa situación económica é regular, segundo se desprende do estudo socio-económico realizado pola Fundación Españoles en el Mundo por encargo do Concello de Santiago. O informe, presentado pola concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, contén este e outros datos, que permitirán artellar políticas máis axeitadas para este colectivo, formado por 610 persoas.