MOBILIDADE
Normalidade na entrada en funcionamento dos novos parquímetros na zona vella
O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, sinalou que os usuarios se afixeron rapidamente ao novo sistema e non se rexistraron incidencias ao respecto.
EDUCACIÓN
O Concello anima ás familias compostelás a convertirse en acolledoras de nenos saharauís durante os meses de verán
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou o Programa Vacacións en Paz, concibido coma un exercicio de solidariedade e axuda desinteresada cun obxectivo claro: proporcionar os nenos e nenas saharauís unhas vacacións estivais en condicións menos duras que no seu país de orixe, onde neses meses chegan a rexistrarse 50 graos de temperatura. O prazo para solicitar a acollida está aberto ata o vindeiro 15 de novembro.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude pon en marcha no instituto Xelmírez campañas informativas sobre asuntos de interese para os rapaces
Adrián Varela, concelleiro de Xuventude, presentou as accións formativas que se desenvolveron durante todo o día no I.E.S. Arcebispo Xelmirez I. Nesta xornada informativa, que tivo lugar no horario escolar, participaron arredor de 300 mozos e mozas.
TRÁFICO
Iníciase no edificio CERSIA o programa de formación para condutores condenados a traballos comunitarios
A gravidade de certas condutas temerarias provocou a súa penalización como delitos. Non obstante, os xuíces teñen a posibilidade de impoñer penas de prisión, multas ou traballos en beneficio da comunidade. Como alternativa para conmutar estas últimas, o Edificio CERSIA acolle dende este sábado e durante os demais sábados do mes de novembro un programa de formación promovido por Institucións Penitenciarias e financiado pola Consellería de Xustiza e Interior, que ten como destinatarios aqueles condutores da zona...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Noite de cabazas e castañas nos centros socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais participou nas celebracións organizadas en torno ao Samaín. Así, Conxo acolleu unha concorrida Festas das Cabezas. Noutro punto da cidade, na Trisca, os veciños celebraron un tradicional magosto.
XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL
Batalla de breakdance en Área Central
Área Central foi escenario do Campionato Galego de Breakdance "Santiago Street Battles", organizado por Vella Escola coa colaboración do centro comercial e do Concello de Santiago. Este proxecto pretendía ser unha alternativa de ocio saudable acorde coas inquedanzas e intereses da xuventude actual.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Outono Fotográfico achega cinco exposicións aos centros socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais apoia e colabora un ano máis no Outono Fotográfico, iniciativa xurdida hai 30 anos da man do falecido Benito Losada. Xosé Lois Vázquez, en colaboración con Víctor Nieves, son actualmente os directores deste certame. A edición deste ano deu como resultado 118 exposicións, repartidas en 90 salas en toda Galicia. Cinco delas exhíbense en centros socioculturais da cidade.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Apoio do Consello de Relacións Veciñais ao traslado da pista de xeo á Alameda
O Consello de Relacións Veciñais, deu o seu apoio unánime ao traslado da pista de xeo da praza da Quintana á Alameda compostelá. A concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, foi a encargada de explicar aos representantes veciñais esta decisión do Goberno municipal na última sesión ordinaria do Consello, na que tamén se deu conta dun avance da programación prevista para o vindeiro Nadal.
ECONOMÍA
Presentada no CERSIA a Asociación de Xestores de Innovación de Galicia
Representantes da innovación reuníronse no Edificio CERSIA con motivo do acto de presentación da Asociación de Xestores de Innovación de Galicia. O acto inaugural contou coa asistencia do concelleiro Francisco Noya; do presidente da Asociación de Xestores de Innovación de Galicia (AXIGA), Ángel Pereira; e de Benito Fernández, da Axencia Galega de Innovación.
BENESTAR SOCIAL
O Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte celebrou o Samaín en Vite
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais organizou en colaboración co persoal do Centro Sociocultural de Vite a súa particular noite de Samaín coa celebración de actividades interxeneracionais que converteron o centro nun "terrorífico" escenario.