EDUCACIÓN
III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
A Concellería de Educación e a editorial Kalandraka abren unha nova convocatoria do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O premio son 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.
CIDADE HISTÓRICA
As rúas Raxoi e Trindade gañarán uniformidade coa súa completa renovación
As rúas Raxoi e Trindade serán reurbanizadas cunha "renovación completa de ambas, tanto nos acabados da calzada como nas beirarrúas e instalacións". Así o explicou a concelleira de Cidade Histórica, Olga Pedreira, na presentación aos medios desta nova obra na zona vella de Compostela. Durante a súa intervención estivo acompañada de Javier Fernández Muñoz, arquitecto e xefe de servizo da Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación dependente da Concellaría.
CULTURA
Soderbergh e Mendoza abordan o tema da prostitución no segundo día de Cineuropa
Na programación da segunda xornada de Cineuropa, dous cineastas do prestixio do norteamericano Steven Soderbergh e do filipino Brillante Mendoza indagan en xeitos ben diferentes de prostitución. En The Girlfriend experience, Soderbergh amósanos a súa vena "alternativa" ao contar coa actriz porno Sasha Grey no papel dunha "score" de luxo, contratada para exercer o papel de "moza perfecta". O sexo de aluguer do que fala, por contra, Brillante Mendoza en Serbis é o dos labirínticos corredores dun cine de.../em>
CULTURA
A Zona "C" inaugura a intervención "Microvoyages", da artista Esther Ruiz de Pablos
O xoves 5 de novembro, ás 20:00 horas, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición Microvoyages. Do traxecto cotián á microviaxe urbana, da artista Esther Ruiz de Pablos, comisariada por Antonio Díaz Correa, os cales tamén estarán na inauguración.
ALCALDÍA
O alcalde demanda o mellor proxecto arquitectónico para a estación intermodal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o ministro de Fomento, José Blanco; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), Antonio González Marín, asinaron en Raxoi o protocolo de colaboración para a remodelación da estación ferroviaria de Santiago de Compostela e a actuación urbanística na súa área de influencia.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o procedemento de contratación da xestión da Escola Municipal de Música
Entre os acordos da Xunta de Goberno figura a apertura do proceso de contratación da xestión da Escola Municipal de Música. Tamén se deu o visto bo á segregación dunha parcela para un centro cívico en Santa Marta e ao réxime de utilización das instalacións deportivas municipais.
CULTURA
Sons da Diversidade abre a tempada co concerto de Ryuichi Sakamoto
A hibridación de música e tecnoloxía de Ryuichi Sakamoto abrirá o 13 de novembro no Auditorio de Galicia a tempada do ciclo Sons da Diversidade. Por primeira vez, a programación será continuada dende agora e ata xuño, cun concerto cada mes.
SANIDADE
O Concello de Santiago e FEBE premiarán aos mozos que practiquen o condutor alternativo
A Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), en colaboración co Concello, premiará a aqueles mozos que practiquen a figura do condutor alternativo durante a noite do xoves 5 de novembro en Santiago de Compostela. Esta actividade comeza cunha sesión informativa por parte dos monitores de FEBE sobre a importancia de elixir un condutor alternativo, aquel que non bebe para poder conducir, cada vez que saian de marcha. Aqueles mozos que demostren que non consumiron alcohol ao longo da noite serán premiados con diferentes regalos (camisetas,...
SANIDADE
Unha xuntanza interxeracional no parque de Bonaval promove os hábitos saudables e a convivencia
A Concellería de Sanidade e a Aula da Terceira Idade organizan para o mércores 4 de novembro, ás 11.00 horas, unha xuntanza interxeracional no parque de Bonaval. Está previsto que nela participen 50 maiores da Aula e preto de 80 rapaces dos centros escolares da cidade.
CULTURA
Filmes de Haneke, Won Kar Way e François Ozon na primeira xornada de Cineuropa
A primeira xornada de Cineuropa, o mércores 4 de novembro, ofrece a oportunidade de coñecer a moi esperada película coa cal Michael Haneke gañou a Palma de Ouro en Cannes: A cinta branca. A proxección do filme, que inaugurará o Festival, organizado pola concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, estará precedida por un pequeno acto que presentará a actriz Marta Pazos. As entradas para este pase serán de balde e poden recollerse a partires das 15:00 horas na billeteira do Principal cun máximo de 2...