ALCALDÍA
A Asociación de Municipios do Camiño integra xa a 81 dos 125 concellos do itinerario francés
A Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), celebrada este venres en Compostela, aprobou a incorporación de 22 novos concellos. Entre os novos membros están concellos como de Pamplona, Arzúa, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Sarria, Palas de Rei ou Cacabelos, que completan unha lista que xa chega a 81 concellos dos 125 polos que pasa o Camiño Francés.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de reurbanización de Patio de Madres e Castrón Douro
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de reurbanización das rúas Patio de Madres e Castrón Douro, na súa Fase I. A actuación ten un orzamento dalgo máis dun millón e medio de euros, e un prazo de execución de 18 meses. As obras serán cofinanciadas con fondos FEDER, no marco da EDUSI de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
As obras do ascensor de Triacastela poderán comezar na próxima primavera
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de mellora de accesibilidade na rúa Triacastela, unha actuación que foi proposta no marco do programa Urbana Santiago Norte. As obras teñen un orzamento máximo de licitación de case medio millón de euros, IVE incluído, e un prazo de execución de seis meses. A previsión é que os traballos comecen na próxima primavera.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa premia ao director Manuel Martín Cuenca
Este sábado 11 darán comezo as grandes homenaxes do festival coa entrega do Premio Cineuropa 2017 ao almeriense Manuel Martín Cuenca. O cineasta, nado en 1964, comezou a súa carreira como axudante de dirección de Felipe Vega, José Luis Borau, Icíar Bollaín e José Luis Cuerda. Xunto ao cinema, dedícase tamén á formación; impartiu clases na Escola Nacional de Cinema de San Antonio de Baños (Cuba), e actualmente traballa na Universidade Carlos III de Madrid.
ACCIÓN CULTURAL
Máis de 20 propostas para este sábado en Cineuropa
Cineuropa ofrecerá este sábado 21 citas cinematográficas ao longo da xornada. A primeira delas, en sesión matinal, comezará ás 12:00 horas no Teatro Principal cunha película de animación para toda a familia: Le grand méchant Renard et autres contes (O malvado raposo feroz), dos franceses Benjamin Renner e Patrick Imbert. O filme, que se proxectará na súa versión dobrada, pasarase novamente ás 16:00 horas.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello quere impulsar o Centro de Atención Integrada ás persoas sen fogar dentro deste mandato
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, abriu esta mañá a II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela: Recursos Específicos, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, onde manifestou que "a desprotección vai avanzando por causa dos recortes sociais e por iso para este Goberno é prioritario abordar a situación das persoas sen fogar". Concha Fernández asumiu que "é preciso seguir traballando a prol do acceso ...
ALCALDÍA
"Compostela Ilustrada" reúne dende hoxe a 13 destacadas figuras da ilustración internacional
O alcalde de Santiago Martiño Noriega inaugurou o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada que se celebra do 9 ao 12 de novembro. No acto, celebrado na Galería Sargadelos, tamén estiveron o director do encontro, Miguelanxo Prado, e os deseñadores e deseñadoras participantes. Todos e todas puideron visitar a exposición Camiña o Camiño, aberta neste espazo ata ao 30 de novembro.
POLÍTICAS SOCIAIS
Expertos da Península debaten en Santiago sobre os recursos específicos para as persoas sen fogar
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, dará a benvida institucional ás persoas participantes na II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar: Recursos Específicos, que se celebra mañá venres no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación (avenida de Castelao s/n, Campus Norte). O tema principal da Xornada serán os recursos que se poden destinar á axuda das persoas que non teñen fogar por parte das corporacións municipais. Está prevista a intervención...
LINGUA E COMERCIO
O alcalde visita El In-Perfecto, establecemento gañador do V Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego
O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron esta mañá o establecemento El In-Perfecto, premiado no V Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego. Martiño Noriega e Marta Lois coñeceron o establecemento, que mereceu a distinción pola campaña co lema "Uns fano en serie. Nós facémolo en serio", ideada por Beatriz Romero.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández reivindica o papel dos concellos en materia de cooperación na celebración do 20 aniversario do Fondo Galego
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu esta mañá ao acto de celebración do 20 aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Santiago xunto con outros 90 municipios.