XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal aproba un Plan de Control Tributario para loitar contra a morosidade e o fraude no pago de impostos
O Goberno local aprobou un Plan de Control Tributario para este ano 2012, que pretende loitar contra a morosidade e o fraude no pago de determinados impostos. Ademais, na mesma sesión ordinaria da Xunta de Goberno asignóuselle nome a máis de 30 novas rúas.
ALCALDÍA
Campaña para concienciar aos máis novos sobre a importancia do aforro da auga
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os concelleiros de Medio Ambiente, María Castelao, e Educación, Ángel Currás, asistiron no CEIP Cardeal Quiroga Palacios á presentación dunha campaña autonómica de sensibilización sobre o uso da auga dirixida aos nenos de seis a dez anos. Informaron da mesma os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.
TURISMO
Santiago de Compostela viaxa á feira turística máis grande do mundo
Turismo de Santiago asistirá á Internationale Tourismus Börse como co-expositor dentro da zona expositiva de Turespaña, situada no pavillón 4.2 do recinto feiral.
ALCALDÍA
O alcalde compostelan salienta o importante papel dos parlamentos autonómicos no fortalecemento da democracia
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu os presidentes dos Parlamentos autonómicos, que están en Santiago con motivo da reunión plenaria anual da Conferencia de Presidentes dos Parlamentos (COPREPA).
TRABALLO
Máis de 120 persoas xa formalizaron a súa inscrición na xornada técnica "Xestión enerxética como nicho de emprego"
A Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organiza a xornada técnica Xestión enerxética como nicho de emprego, en colaboración co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e coa empresa de certificación European Quality Assurance (EQA). Celebrarase mañá luns, 5 de marzo, a partir das 15:30 horas, no edificio do Cersia, en San Lázaro.
EDUCACIÓN
Os pequenos das cinco escolas infantís de Compostela e as súas familias coñecen a Escola Municipal de Música
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou a Escola Municipal de Música con motivo da xornada de portas abertas que o centro celebrou para dar a coñecer a súa oferta educativa ás familias dos nenos e nenas das escolas infantís da cidade.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local entregou as súas medallas e galóns de mérito no día do seu patrón
A Policía Local celebrou o día do seu patrón, o Santo Anxo da Garda. Con tal motivo, o Corpo entregou as súas placas e medallas de recoñecemento nun acto presidido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.
CULTURA
Chega ao Auditorio de Galicia "Nya. Díptico para 9 bailaríns", coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa
O Ballet Contemporáneo de Arxel estará o sábado 3 de marzo en Compostela para poñer sobre o escenario Nya. Díptico para 9 bailaríns. A obra, producida pola compañía A Baraka, toma o Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi nunha versión dirixida e coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa. Será no Auditorio de Galicia a partir das 21:00 horas.
MULLER
O Concello celebrará o Día da Muller cun acto de homenaxe a tres mulleres, obradoiros e un torneo de fútbol sala feminino
O xoves 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Con tal motivo, a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego preparou unha serie de actos para esta xornada e días sucesivos: unha homenaxe a tres mulleres pola súa traxectoria persoal e profesional, obradoiros e un torneo de fútbol sala feminino.
URBANISMO
Outorgadas as primeiras seis licenzas para a legalización de actividades de empresas do Polígono Industrial do Tambre
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que na semana que remata foron outorgadas as seis primeiras licenzas de legalización de actividade a empresas do Polígono do Tambre. Iníciase así un proceso longamente agardado e demandado polos empresarios desta superficie industrial.