ALCALDÍA

O alcalde cualifica de "día importante para Santiago e para Galicia" o do inicio da ampliación da autoestrada AP-9

27/02/2015

O alcalde de Santiago asistiu ao acto de inicio das obras de ampliación da capacidade da AP-9 (tramo Santiago norte-Santiago sur e remodelación do enlace de Sigüeiro), presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor, e polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Comezada esta actuación, Agustín Hernández, amosouse convencido de que a ministra "fará o posible para axilizar os trámites e coordinar estas actuacións en marcha coas xa planificadas, en referencia ao enlace orbital desta autoestrada coa A-54 e...

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello renova a beirarrúa e a calzada da rúa Domingo Fontán

26/02/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o concelleiro de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron as obras da rúa Domingo Fontán, centradas na renovación da beirarrúa e da calzada. O Concello investiu 54.851 euros nestes traballos.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Asinado o contrato para a revisión do Plan Especial e primeira reunión de traballo

25/02/2015

Esta mañá, no salón verde do Pazo de Raxoi, procedeuse á firma do contrato para a revisión do Plan Especial (PE) da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. A continuación tivo lugar a primeira reunión de traballo, á que asistiron membros do equipo redactor e os concelleiros con competencias relacionadas co PE: María Antón, Reyes Leis, Alejandro Sánchez-Brunete, Maite Cancelo e Teresa Gutiérrez.

Ler máis

CULTURA

Ariel Rot, Wöyza, Quique González, El Meister e Carmen Boza no Íntimo & Acústico

25/02/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron en rolda de prensa a programación do ciclo Íntimo & Acústico para este primeiro semestre do ano. En febreiro estará Ariel Rot; en marzo, Wöyza; en maio Quique González; e pechan en xuño El Meister e Carmen Boza. As entradas para todos os concertos poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado e días de evento, de 18:00 a 21:00 horas) e en puntos...

Ler máis
Compartir: