ALCALDÍA

Concello, Cámara e Universidade únense para promover proxectos de emprendemento e innovación empresarial

28/01/2016

O Concello de Santiago, a Cámara de Comercio e a Universidade asinaron hoxe un protocolo para establecer principios de colaboración e fortalecer a unión das tres institucións cara a promover o emprendemento empresarial e a innovación tecnolóxica. No acto estiveron os representantes das tres institucións: o alcalde da cidade, Martiño Noriega; o presidente da Cámara, Jesús Asorey; e o reitor da USC, Juan Viaño.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Comeza outra edición do ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música nos centros educativos da cidade

27/01/2016

Onte e hoxe celebrárons as primeiras visitas do 6º ciclo de sesións didácticas que a Escola Municipal de Música vén realizando nos centros de ensino de Compostela. Son arredor de 30 sesións didácticas que teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos na rede de centros educativos de Compostela. O ciclo está destinado ao alumnado do 3º ciclo de primaria e aos alumnos das escolas infantís do municipio.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca o Museo de Historia Natural Luis Iglesias como un referente na cidade e aposta por darlle maior visibilidade

27/01/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, achegáronse este mediodía ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias. Foi unha visita que quedara comprometida dende a xuntanza que o rexedor mantivo, no Pazo de Raxoi, coa directora do centro. Da man da directora do Museo, Mabel Fraga, o alcalde e Xan Duro coñeceron polo miúdo o Museo, que ocupa un edificio construído para ese fin na Finca de Vista Alegre

Ler máis

CONSORCIO

A virtuosa violinista polaca Aleksandra Kuls formará neste instrumento a músicos galegos

27/01/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A recoñecida violinista polaca Aleksandra Kuls formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co violín.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

O Concello reparará as arquetas mal instaladas nas obras da rúa dos Basquiños

27/01/2016

O Concello vai acometer a reparación das arquetas que quedaron mal instaladas nos Basquiños, durante as obras de reurbanización da rúa. Estes traballos comezaron en agosto de 2014, e finalizaron un ano despois, pero nestes meses foron moitas as queixas dos veciños da zona polo ruído que producían as arquetas ao paso dos vehículos. A actuación correrá a cargo da empresa que executou a reforma da rúa, posto que estas obras aínda están en garantía.

Ler máis

TURISMO

Arranca o Entroido Gastronómico da Ulla con 25 restaurantes participantes

27/01/2016

Este sábado comeza o Entroido Gastronómico da Ulla, no que 25 restaurantes dos concellos da comarca nos que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla ofertarán menús especiais con pratos e produtos típicos destas datas. Os menús especiais poderán degustarse nas fins de semana nas que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla, do 30 de xaneiro ao 14 de febreiro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

David Rodríguez AKA Tina Paterson protagoniza un coloquio na Zona "C"

26/01/2016

A Concellaría de Acción Cultural continúa coas súas propostas para debater arredor da cultura, a participación cidadá e as formas de construír a cidade entre todos. Así, se o mes pasado tiñamos a oportunidade de intercambiar opinións con Joana Hurtado, do Can Felipa, arredor da súa experiencia neste centro cívico de Barcelona, este mes de xaneiro poderemos facelo con David Rodríguez AKA Tina Paterson.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Plan Director das Zonas Verdes e Espazos Públicos de Santiago articula a cidade a través da natureza e das persoas con medidas aplicables a medio e longo prazo

26/01/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe o Plan Director das Zonas Verdes e Espazos Públicos de Santiago, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo responsable do documento, o arquitecto Iñaki Alday. O edil explicou que este informe servirá "para definir as estratexias e actuacións a realizar nas distintas zonas do municipio, tanto nas parroquias como no ámbito urbano".

Ler máis
Compartir: