ALCALDÍA

Borja Golán visitou o Pazo de Raxoi

28/04/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales, recibiron o xogador de squash Borja Golán. No encontro tamén participaron representantes dos diferentes grupos municipais.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE

Adif comprométese a presentar en 15 días o anteproxecto da intermodal

28/04/2016

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias presentará o anteproxecto da intermodal nun prazo de quince días, segundo o compromiso que adquiriu na reunión celebrada onte en Madrid, á que asistiu o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade. Jorge Duarte explicou que na xuntanza analizouse un primeiro proxecto, que será revisado para tratar de introducir algunhas demandas do Concello de Santiago.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Tres solos de danza de compañías galegas para celebrar o 175 aniversario do Principal

28/04/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá os tres solos de danza de compañías galegas cos que o Concello celebra o 175 aniversario do Teatro Principal. Véñense unir ao Rinconete y Cortadillo de Alberto Conejero que puidemos ver o martes desta semana, día propio do aniversario. Os catro espectáculos recóllense nunha publicación que a Concellaría preparou con motivo do aniversario e no que tamén se inclúen dous artigos de Pablo Tomé, arquitecto do...

Ler máis

PLENO

Aprobada por unanimidade da Corporación a Ordenanza de Transparencia

28/04/2016

O Pleno da Corporación aprobou hoxe, por unanimidade, a Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da Administración do Concello de Santiago. O texto adapta ás especificidades de Compostela a Lei 19/2013, coñecida como Lei de Transparencia, que entrou en vigor en decembro pasado para os concellos e as comunidades autónomas.

Ler máis

PLENO

O Pleno dá o visto bo definitivo aos orzamentos municipais de 2016

28/04/2016

O Pleno da Corporación deulle hoxe o visto bo definitivo aos orzamentos municipais de 2016, que entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Os orzamentos deste ano ascenden a 99.400.897,44 euros. O orzamento consolidado, o que incorpora as contas do Auditorio, Incolsa e Tussa, sobe aos 102 millóns de euros.

Ler máis

CONVIVENCIA

Comezan as mañás de inglés no Colecamiños do CEIP Raíña Fabiola

27/04/2016

A Policía Local de Santiago está a dinamizar os Colecamiños dos CEIPs Pío XII e Raíña Fabiola a través de diversas actividades. Este mércores, na ruta morada de Galeras iniciouse neste centro English&Way, ás mañás en inglés con xogos sobre a educación viaria, nas que colabora o Centro Británico.

Ler máis

TURISMO

Santiago logra o mellor dato de pernoctacións no 1º trimestre dende o Ano Santo 2010

27/04/2016

Os datos da enquisa de ocupación hoteleira do INE do primeiro trimestre amosan que a demanda turística de Santiago continúa coa súa recuperación. Nos primeiros tres meses do ano, os estabelecementos hoteleiros da cidade rexistraron 163.973 pernoctacións, que representan un aumento do 13,09% con respecto ao primeiro trimestre do ano pasado. É o mellor dato neste período dende o ano 2010, cando se celebrou o último Ano Santo.

Ler máis

DEPORTE

Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Copa Galicia de Clubs de xadrez

26/04/2016

Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Copa Galicia de Clubs de xadrez, que se celebrará o sábado 30 de abril (categoría sub-16) e o domingo 1 de maio (categoría absoluta) no colexio Manuel Peleteiro. A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou en rolda de prensa este campionato, que é unha das referencias neste deporte a nivel autonómico.

Ler máis
Compartir: